O G.N.Hábitat, da man da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras (Xunta de Galicia), comprácese en comunicarvos a organización das:
A xornada, prevista para o vindeiro luns 26 de outubro de 2015 en horario de 9:30 a 17:30 horas, está dirixida a:
– Traballadores, técnicos, profesionais e estudosos nos eidos agropecuario, forestal e ambiental.
– Técnicos e representantes das Administracións Públicas
– Público interesado
A asistencia é de balde, sendo imprescindible a inscrición previa segundo as especificacións mostradas no cartaz.
O obxectivo desta iniciativa é establecer un punto de encontro e debate sobre a relevancia dos sectores da agricultura e gandería na paisaxe galega, con especial fincapé á súa ligazón na conservación da diversidade biolóxica en función do uso, manexo e xestión do territorio. Nesta liña, a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo supón un marco de traballo incomparable, dado o seu forte arraigamento agropecuario e o seu obxectivo por compatibilizar a mellora ambiental co desenvolvemento sostible, así como o fomento da educación e participación pública.
Diferentes expertos ofrecerán sendos relatorios, rematando a xornada cunha mesa redonda de debate e posterior visita ao contorno da finca do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM).
Nas seguintes ligazóns poderás descargar os arquivos correspondentes ao:
– Programa da xornada
– Cartaz da xornada