14-D e 18-X: As Brigadas voltan a Ferrol

As Brigadas deseucaliptizadoras voltan a Ferrolterra para dar continuación dos traballos realizados no monte do Calexón (Valón), no que o 8 de xuño as brigadas fixeran unha actuación deseucaliptizadora de emerxencia. Actualmente fan falla dúas xornadas moi relacionadas:

14 DE DECEMBRO
Preparación do terreo para nunha posterior xornada en xaneiro plantar as especies autóctonas. O traballo consistirá fundamentalmente en apilar en filas a ramalla que no seu día deixaron os madeiristas na parcela e que impediría os traballos manuais do labor de plantación. Esta ramalla está cruzada no chan polo que fará falta o traballo de brigadistas con motoserras en combinación con outr@s brigadistas apilándoa. De paso valéndonos de machados machacaremos os rebrotes saídos dende xuño.

Para vos apuntar, é preciso, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico á persoa coordinadora da brigada: feryanezmarcelin@gmail.com.Data límite para apuntarse para facilitar a loxística 12 de decembro (máximo 30 persoas).

A organización dispón de machados, un par de desbrozadoras e motoserras, agradeceráse as persoas voluntarias que poidan aportar ferramenta propia que nolo fagan saber.

O lugar de encontro será o local da asociación de veciñ@s de Valón ás 9:00 h da mañá,

https://www.google.com/maps/@43.4952069,-8.2685192,17z

Dende alí dirixirémonos á zona de traballo. Os traballos realizaranse ata ás 14:00 h no que regresaremos á asociación de veciñ@s onde a organización convidará ás persoas participantes ó xantar comunitario. Se hai quen traia instrumentos haberá foliada na sobremesa entre cafés e licores.

18 DE XANEIRO
Plantación manual de aproximadamente 300 árbores autóctonas: castiñeiros, carballos e bidueiros maiormente. Nesta xornada o labor será exclusivamente a plantación manual con sacho das árbores autóctonas no lugar que durante décadas fóra un eucaliptal. Agradécese as persoas voluntarias que que dispoñan dela que traian ferramenta propia.

Ó igual que na actuación do 14 de decembro o lugar de encontro será o local da asociación de veciñ@s de Valón ás 9:00 h da mañá,

https://www.google.com/maps/@43.4952069,-8.2685192,17z

Dende alí dirixirémonos á zona de traballo. Os traballos realizaranse ata ás 14:00 h no que regresaremos á asociación de veciñ@s onde a organización convidará ás persoas participantes ó xantar comunitario. Lembrarvos que as brigadas non son só traballo, senón tamén convivio, todo o mundo é benvido independentemente da súa capacidade de traballo, así agradecemos a presenza de crianzas ou persoas maiores que queiran compartir a xornada ou o xantar con nós.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: