A agresividade da condución nas rúas de Vigo segue facendo moito dano aos medios de transporte máis sostibles

Os recentes atropelos rexistrados en pasos de peóns poñen de manifesto a agresividade e o incumprimento de normas cos que aínda moitos vehículos circulan polas rúas de Vigo.

Os medios de transporte máis sostibles como a bicicleta ou o camiñar son os medios máis vulnerábeis en caso de accidente polo que é primordial establecer medidas que garantan a súa seguridade e así promover o seu uso.

Do mesmo modo que se constata un maior civismo en aspectos como a circulación polas rotondas, un uso máis racional do claxon ou un maior respecto da distancia de seguridade nos adiantamentos a bicicletas, hai outros aspectos que teñen vido a empeorar e en ocasións con consecuencias tráxicas.

Calquera persoa que se desprace por Vigo constata a diario:

  • como non se respectan os límites de velocidade, incluso nas Zona 30 é habitual que se circule a máis de 50km/h;

  • como un número moi significativo de motos xera unha contaminación acústica insoportable;

  • como os medios de transporte máis maniobrabeis como patinetes, motos e incluso algunhas bicicletas asumiron que poden incumprir as normas básicas de circulación, transmitindo frecuentemente a sensación de ‘aparecer do nada’.

Estas condutas xeran unha sensación de inseguridade na que persoas que circulan a pé ou en bici son claramente as máis prexudicadas.

En calquera sociedade sempre existiron e seguramente sempre existirán individuos que antepoñen o seu benestar ao benestar común, pero é inadmisible que as autoridades competentes non tomen medidas para frear esa lacra. Campañas de concienciación acompañadas de controis rigorosos axudarían e moito a erradicar determinadas condutas nas rúas da nosa cidade.

O último suceso tráxico ocorreu a pasada fin de semana na Travesía de Vigo, unha rúa que no noso informe de 2012 foi sinalada como un dos principais puntos negros na seguridade viaria da cidade e que desde entón xa foi escenario de diversos atropelos mortais por motos de grande cilindrada. Axuntamos a foto que ilustraba aquela publicación que, tristemente, oito anos despois segue perfectamente actual.

Sen entrar no debate de se o semáforo estaba verde para o peón ou para a moto, como se observa na infografía adxunta son varios os estudiosque indican como nun atropelo a 30km/h a probabilidade de feridas mortais para o peón é de 10%, a 50 km/h esa probabilidade aumenta para 80% e para velocidades a partir de 60km/h a probabilidade é de practicamente o 100%.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s