A APDR denuncia novas obras nas instalacións de ENCE

Días pasados puidemos comprobar que no recinto industrial de ENCE en Lourizán, nunha franxa de terreo existente entre a zona ocupada polas novas instalacións de depuración da fábrica e a antiga planta de decantación de sólidos, nas proximidades do perímetro exterior que linda coa estrada Pontevedra-Marín, estanse a facer unhas obras para as que descoñecemos se contan coa preceptiva licencia municipal. Xuntamos fotografías das amentadas obras e unha ortofoto na que se indica a zona onde se sitúan.

Tal e como se pode observar, trátase dunha construción de formigón armado, cunha estrutura rectangular ou cuadrangular e provista de certas divisións interiores a modo de pequenas celas ou cámaras que semellan ter intercomunicación entre elas e que puideran estar destinadas á circulación dalgunha substancia de natureza líquida.

Ao mesmo tempo, temos podido observar que tamén se están a realizar movementos de terras no interior do recinto fabril (xuntamos foto desta actuación), sen que poidamos alcanzar a saber se existe algún tipo de relación entre esta actuación e as obras das que dimos conta previamente.

Como queira que na APDR estamos afeitas a ver actuacións de distinta natureza na fábrica de ENCE e que todas elas, como nexo común, teñen o feito de careceren de licencia do Concello de Pontevedra, preguntámonos se nesta ocasión trátase máis unha vez dunha nova irregularidade por parte dos directivos da fábrica de pasta de celulosa.

Na APDR, que temos informado ao Concello desta situación solicitando ao tempo a apertura dunha investigación ao respecto, non dubidamos en interpoñer unha denuncia no caso de confirmar que se trata de obras ilegais, unha actuación que -dependendo da finalidade e alcance das obras- mesmo podería ser causa de caducidade da concesión administrativa en terreos de dominio público.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s