21 de xuño: Voltan as Brigadas!

Finalizado o estado de alarma, está na hora de que as Brigadas voltemos ao monte. Convócannos para acudir á Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame) este DOMINGO 21 DE XUÑOSolsticio de Verán, para unha deseucaliptización en toda regra, na que tumbaremos e retiraremos os pés de eucalipto que están a invadir unha zona de carballeira e bosque de ribeira.

Nesta roga traballaremos en pequenos grupos de 6 persoas separados entre sí (cada un deles cunha persoa motoserrista) e mantendo as distancias persoais. Gozaremos do albaroque no propio monte e as anfitrioas de Froxán terán xa racións individuais preparadas para cada persoa apuntada. Enviaremos instrucións máis precisas sobre o que precisais traer (luvas, copo, garfo, garrafa) ás que debemos atender para que todo corra ben.

Para vos apuntar, é preciso, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a info@montescola.org ata COMO MOI TARDE o día 19 de xuño. As prazas son limitadas e inscribirémosvos por orde. Se non estades seguras de que poderdes vir, por favor deixádeo para a próxima.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s