ContraMINAcción presenta unhas directrices internacionais para acabar cos desastres das presas de residuos mineiros

A rede de colectivos ContraMINAcción ven de lanzar xunto cun grupo internacional de 142 científicos, ONGs e grupos comunitarios de 24 países un documento de directrices internacionaispara o almacenamento seguro de residuos mineiros. As directrices pretenden protexer as comunidades locais, traballadores mineiros e o ambiente dos riscos que presentan millares de instalacións de almacenamento de residuos mineiros, que están presentando fallas críticas cada vez con máis frecuencia e con consecuencias máis graves. Na Galiza, temos exemplos históricos como as catástrofes da mina Piquito no río Xuvia (1955) e San Finx na ría de Noia (1960), ou as verteduras de Monte Neme (2014) e Touro (ata a actualidade).

O documento “Seguranza en primeiro lugar: Directrices para a xestión responsábel de residuos mineiros“, disponíbel en inglés, portugués e español, parte da premisa de que o obxectivo primordial da xestión de residuos mineiros debe ser DANO CERO para as persoas e o ambiente, e CERO TOLERANCIA para as fatalidades humanas. Desde ContraMINAcción lembran como o colapso tráxico dunha presa o ano pasado no Brasil matou a 270 persoas e destruíu a cidade de Brumadinho, e como a presa de residuos prevista no fracasado proxecto de Touro contemplaba a posibilidade dun alto número de mortes en caso de falla.

As Directrices pretenden contribuír á definición dunha norma global que está sendo promovida polo Programa das Nacións Unidas para o Ambiente como parte da súa Revisión Mundial de Relaves (Global Tailings Review, en inglés).En contraposición, as prácticas habituais de deseño e mantemento da industria mineira teñen evidenciado graves problemas á hora de protexer as comunidades e ecosistemas afectados, pois tenden a sacrificar a seguranza para reducir costes, utilizan consultores non independentes (como aconteceu en Touro co catedrático xubilado da Universidade de Santiago, Felipe Macías) e ignoran as críticas e alertas de comunidades e movementos ecoloxistas.

As principais liñas das directrices son:

·       Para evitar a xeración de pasivos ambientais como os depósitos de residuos mineiros e os seus impactos sociais e ambientais é urxente reducir a demanda global de materias primas primarias a través dunha verdadeira economía circular. A mellor presa é a que non se constrúe.

·       As instalacións de residuos mineiros só se deben construír e xestionar co consentimento previo das comunidades locais, adoptando as mellores prácticas e tecnoloxías dispoñíbeis e respectando os dereitos humanos, incluíndo o dereito á vida e ao ambiente.

·       As normas internacionais de seguranza deben ser independentes do control empresarial e establecerse implicando as comunidades locais, sociedade civil e traballadores mineiros, ademais da comunidade científica.

·       A normativa de presas mineiras debe incluír sólidas garantías financeiras e mecanismos para garantir que comunidades locais, organizacións ecoloxistas e traballadores mineiros poidan alertar sobre fallas sen sufrir ataques ou represalias.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s