ADEGA reclama a restitución de Fernando Cobo Gradín ao fronte da EHEC

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) non entende nin atopa xustificación á destitución de Fernando Cobo como director da Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (EHEC) por parte do Consello Reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC). ADEGA reclama a restitución do seu cargo e do seu equipo de traballo, e traslada todo o seu apoio e respecto a Fernando Cobo, por ser un referente na investigación científica e na formación sobre conservación e estudo das augas continentais e polo seu profundo compromiso cos ríos galegos. Cobo, xunto coa a súa equipa, leva décadas traballando e impulsando proxectos e estudos  sobre as augas continentais que converteron a Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con nunha referencia mundial neste ámbito de investigación, como ademais así o demostran os numerosos galardóns recibidos de excelencia internacional.

Desde ADEGA tamén queremos destacar a actitude colaborativa que sempre demostrou Fernando Cobo con ADEGA e co ecoloxismo galego. Colaborou activamente en 2004 na Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) a prol dos ríos galegos, achegando datos científicos  e argumentos á importancia de defender e conservar a través da normativa os ríos galegos. Así mesmo, cando o río Umia sufriu o vertido da Brenntang, o profesor Cobo e o seu equipo tamén se implicaron activamente na recuperación do río.

Por outra banda, a EHEC axudou a revisar os materais de Proxecto Ríos na súa posta en marcha e, posteriormente, colaborou na realización de 32 Cursos de Formación para o voluntariado ambiental do Proxecto Ríos durante 15 anos, de xeito ininterrompido. En todo momento, ADEGA contou coa vontade e ofrecemento de Fernando Cobo para resolver dúbidas sobre as cuestións máis técnicas e científicas dos ecosistemas fluviais. De feito,  as xornadas de formación  de Proxecto Ríos realizadas nos últimos 15 anos foron todas moi ben valoradas polo voluntariado de ADEGA cumprindo unha función chave no intercambio de coñecementos e experiencias entre a cidadanía e o mundo da investigación.

Entrevista a Fernando Cobo en Cerna TV

Recentemente, Fernando Cobo concedeu unha entrevista para CERNA TV para divulgar algúns dos aspectos máis interesantes da ecoloxía e do funcionamento dos ecosistemas fluviais, facendo un especial fincapé sobre as principais ameazas e o estado de conservación dos ríos galegos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s