A caza é parte do problema e non da solución para as vagas de lume

  • O 24 de abril de 2018 asinábase un protocolo institucional entre a Consellería de Medio Rural e a Federación galega de caza para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante accións preventivas sobre a poboación e sobre o territorio e de vixilancia preventiva, detección, disuasión e investigación no marco do Pladiga. Este protocolo asinouse con unha duración de catro anos contados desde o día da súa sinatura.  Arestora á medate do seu período e á vista da evolución dos incendios en Galicia, cómpre realizar unha avaliación dos resultados do mesmo.
  • Ecoloxistas en Acción solicita á Consellería de Medio Rural a extinción do Protocolo de 24 de abril de 2018, por non ser representativo da sociedade civil galega e incluír só a unha das partes, o sector da caza, que en absoluto é a única parte interesada na prevención dos lumes e moito menos na solución da problemática incendiaria en Galicia, tendo en conta os múltiples intereses que esta xestiona nos montes, as sospeitas que xiran ao redor do binomio lumes –caza, sospeitas que son voz populi neste intre a raíz da queima do parque do Xurés e dos incendios acaídos nas derradeiras datas e que cuestionan seriamente a viabilidade deste tipo de Protocolos.
  • Dito protocolo constitúe un fracaso evidente na política de prevención dos incendios forestais nos montes, obedece tan só aos intereses do sector da caza e non responde as medidas preventivas previstas ás necesidades obxectivas e reais dos montes.

A organización ecoloxista galega demanda a sinatura dun novo Protocolo aberto ás entidades naturalistas e asociacións ecoloxistas interesadas en participar no mesmo, convocadas públicamente a través do DOG, en canto que a caza é un dereito orixinario que corresponde a todos as persoas administradas, e por tanto todas as persoas interesadas teñen o dereito a participar na realización de actividades de prevención e defensa contra incendios forestais nas tarefas de detección, vixilancia e disuasión a desenvolver polos servizos de vigilancia dos Terreos cinexeticamente ordenados (Tecor) na finalidade común de divulgar e concienciar do risco dos lumes, minorar o número de incendios e levar a cabo un rápido control dos mesmos. Ecoloxistas en Acción postúlase como parte interesada na participación e sinatura do Protocolo indicado e solicita unha reunión, presencial ou online, para abordaxe dos temas expostos neste escrito, para o que poden contactar no teléfono ou correo –e indicado na cabeceira

Ante estos feitos é necesaria a limitación TOTAL da caza nos terreos queimados alomenos durante tres anos e SEN EXCEPCIÓN ALGUNHA, eliminando por tanto a excepción do artigo 44 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que permite a caza coa autorización expresa do órgano competente en materia cinexética, pevio informe favorable da consellería competente en materia forestal.

Ecoloxistas en Acción esixe que remate a opacidade deliberada da Xunta de Galicia. Segundo a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, toda a información pública é accesible e relevante e mais toda persoa ten acceso libre e gratuíto a ela. Por iso demandamos a información en acceso dixital sobre:

  1. Toda a actividade relativa aos compromisos asumidos por cada unha das partes desde o momento da sinatura do convenio ata este intre, ao abeiro da cláusula segunda e terceira do convenio asinado entre ambas as dúas.
  2. Financiación pública de ser o caso, da que foi obxecto algunha desas actividades por parte da Consellería de Medio Rural coa correspondente xustificación.
  3. Informe das colaboracións realizadas pola Federación galega de caza cos medios dos Servizos de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) na vixilancia e detección de incendios forestais.
  4. Informe das colaboracións realizadas pola Federación galega de caza cos distritos forestais na planificación e execución dos plans de actuacións preventivas e defensa contra incendios forestais, que os Tecores consideraron de importancia para a prevención e defensa contra incendios e o desenvolvemento da caza, e aqueles que ten que ver coas relación cos propietarios dos terreos e o exercicio dos dereitos cinexéticos.
  5. Formación impartida aos colectivos de cazadores e demais destinatarios e custes da mesma.
  6. Resultados da avaliación e Programas anuais de Actuacións en concordancia cos respectivos Plans de Prevención dos distritos forestais.
  7. Actividades programadas en función dos resultados desas avaliacións.
  8.  Reunións convocadas para coordinar e priorizar actuacións, actas e contidos destas.
  9. Resultados da Comisión de seguimento prevista na cláusula cuarta do Protocolo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s