Alegacións de Ecoloxistas en Acción ao plan especial para as instalacións deportivas do Celta nos montes comunais de Mos

  • Ecoloxistas en Acción presenta alegacións ao plan especial para as instalacións deportivas do Celta nos montes comunais de Mos. Considerando que o “Plan especial de  infraestruturas e dotacións para  instalacións deportivas  do Real Club Celta de Vigo, S.A.D.” non é viable nin por razóns xurídicas, nin por razóns ambientais, e tampouco por razóns de oportunidade desde o punto de vista do interese público, Ecoloxistas en Acción solicita que se denegue a súa aprobación definitiva, arquivando por tanto o procedemento administrativo iniciado.
  • A organización ecoloxista denuncia a intención de recalificar monte comunal cando non existe demanda social de as instalacións deportivas do Real Club Celta, S.A.D., nin estarán destinadas a uso ou servizo público ou do común dos cidadáns. Só satisfacer os desexos dunha sociedade mercantil.
  • A organización ecoloxista entende que os campos de futbol son un cabalo de Troia para implementar usos comerciais e terciarios nun solo rústico de especial protección. En clara fraude de lei, pois forma parte dunha actuación moito máis ampla, que ao día da data carece por completo de cobertura xurídica.
  • Ecoloxistas en Acción sinala que o dimensionamiento plan especial de  infraestruturas e  dotacións para  instalacións deportivas é moi superior ás necesidades reais da actuación que teoricamente se expón: uns campos de adestramento ao aire libre, e as instalacións complementarias imprescindibles para desenvolver a actividade deportiva.
  • Non existe demanda social de tales instalacións, nin estarán destinadas a uso ou servizo público ou do común dos cidadáns. Só satisfacer os desexos dunha sociedade mercantil.

É notorio o solapamento consciente por parte da entidade promotora de trámites e procedementos urbanísticos de diferente natureza, para unha sorte de estratexia de feitos consumados, na que se pretende transformar de maneira relevante e inadmisible un chan rústico de especial protección en chan totalmente urbanizado e con usos indiscutiblemente urbanos e alleos á contorna no que se pretenden implementar. O plan especial planteado non ten a finalidade de protexer ámbitos singulares. Non ten a finalidade de levar a cabo operacións de reforma interior. Nin tampouco ten como finalidade coordinar a execución de dotacións urbanísticas, por moito que  falazmente empréguese lateralmente este concepto no texto do plan especial. Estáse a confundir deliberadamente o concepto de “infraestrutura” co de “dotación”. O concepto “dotación” ten cun claro alcance, delimitado tanto na normativa estatal e autonómica como na Xurisprudencia. Unha boa mostra do anterior é que os cidadáns do termo municipal de Mos non poderán practicar deporte nesas infraestruturas, nin residir nas edificacións, etc. Son de uso totalmente exclusivo e privado dunha empresa. Non hai, por tanto, ningún tipo de dotación a coordinar conforme á normativa urbanística. De feito, nin sequera hai dotación.

O alcance real das instalacións e dotacións que se pretenden implementar, e o resultade do “proxecto” que presentou o Real Club Celta, S.A.D. é incompatible coa natureza de chan rústico de especial protección dos terreos nos que se desenvolverá. de feito, a práctica totalidade dos usos expostos son netamente urbanos e non necesitan implantarse nese tipo de chans e terreos, nin son imprescindibles para que se desenvolva a actividade deportiva de “adestramento”. Ademais, o Plan Especial que presentou a sociedade anónima promotora ten múltiples carencias, tanto desde un punto de vista formal como material, o que determina a imposibilidade de aprobalo nos termos nos que foi exposto:

  • Non recolle materialmente as medidas necesarias para a adecuada integración das actuacións expostas no territorio.
  • Non resolve os problemas que a actuación exposta xerará no viario e nas dotacións urbanísticas da contorna.
  • Os parámetros  edificatorios previstos no Plan Especial non teñen amparo na Lei do Solo de Galicia. E, ademais, non potencia en ningún caso o medio no que se integra o proxecto.
  • O Plan Especial ten efectos significativos no medio, ata o punto de acabar cos valores obxecto de protección tanto nos terreos nos que se desenvolverá como en toda a contorna.
  • Polos seus notables e evidentes efectos na contorna, e as súas afeccións a un chan de especial protección forestal, o plan especial debería ser obxecto de avaliación ambiental ordinaria.
  • O Plan Especial está a modificar a regulación do plan xeral. Pero á marxe de lugares comúns e previsións xenéricas de carácter case ornamental, non se xustifica detalladamente o impacto do proxecto en relación cos terreos do ámbito ordenado e os da súa contorna inmediata.
  • O Plan Especial, ademais, é manifestamente incoherente cos obxectivos xerais da actividade urbanística pública, co plan xeral de ordenación municipal –por iso, á marxe de modificalo materialmente, está a tramitarse de maneira paralela unha modificación do plan xeral desde un punto de vista formal para que teña cabida o proxecto.
  • O plan especial tampouco é coherente co plan urbanístico dos municipios limítrofes. Remitímonos, de maneira particular, ás alegacións realizadas e/ou que realice o Concello de Vigo neste punto. E cabe realizar a mesma apreciación no que se refire aos restantes informes sectoriais.

Hai relevantes problemas de mobilidade, fronte aos que o Plan Especial non expón ningunha solución real. De feito, tales solucións nin sequera dependerían do promotor, que se limitou a presentar unha proposta de actuacións inviable. Entre outros aspectos que deberían ser considerados e liquidados están:

  • Os accesos ás instalacións que se pretenden implementar, así como a asunción dos custos vinculados aos mesmos.
  • Con carácter xeral, a saturación das principais vías de acceso ás “dotacións deportivas” (a VG-20 e a avenida Clara Campoamor, a AP-9 -Puxeiros e a A-55).
  • A inexistencia de transporte público relevante, e a necesaria implicación do  Concello de Vigo para liquidar esta problemática, fronte á que xa manifestou a súa oposición, á marxe de indicar a inviabilidade do proxecto desde o punto de vista da ordenación do territorio, a mobilidade e o urbanismo.

Tamén é relevante impacto paisaxístico das actuacións, contrario ás finalidades que a Lei do Solo de Galicia pretende garantir neste tipo de actuacións e ante esta tipoloxía de terreos. Non cabe dúbida, ademais, á vista dos documentos achegados polo promotor, da relevante incidencia visual do proxecto, potenciada por que se alteran por completo os usos do chan actuais, polo relevante volume das instalacións, a topografía irregular, etc. No Plan Especial, á marxe de mencións ornamentais, non se ofrece nin se expón solución algunha real á protección e ao estudo do patrimonio cultural existente na contorna, en especial no que se refire a xacementos romanos. Como é sabido, o promotor, dentro do marco do seu proxecto global e real (é público e notorio) non garantiu realmente en ningún caso nin a adecuada implementación de servizos vinculados ao ciclo integral da auga, nin tampouco os custos derivados daqueles, que repercutirán de maneira notable na Administracións implicadas.

O que se expón polo promotor realmente co Plan Especial é urbanizar e transformar de maneira relevante o terreo, implementando usos que en ningún caso deberían desenvolverse en chan rústico de especial protección. Sirva de mostra a residencia para futbolistas, os usos vinculados á restauración, etc. É necesario implementalos nese tipo de chan? OBVIAMENTE, NON.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s