Clamor pola defensa da biodiversidade na praia da Calzoa en Vigo

Verdegaia, xunto con outros colectivos, vimos denunciando o uso desta praia desde 2018, agora a Comisión Europea emite resposta á petición da cidadanía.

Recibida resposta da Comisión Europea relativa á petición número 0405/2020, sobre a ameaza que supón para o ecosistema da praia da Calzoa en Vigo ser designada como espazo de esparexamento canino polo concello desta cidade no ano 2018.

A comisión conclúe que “a información adicional, presentada xunto coa petición, pon de manifesto os riscos e os efectos que a presenza de cans soltos na praia pode ter sobre as aves e a lontra, e que as autoridades do Estado membro deben velar porque as repercusións da designación da Calzoa como praia para cans e as actividades relacionadas co seu mantemento autorízanse e realízanse de conformidade co establecido nas directivas sobre hábitats e aves”.

A Calzoa é unha parte esencial dunha zona de gran riqueza ecolóxica na costa viguesa. Está adxacente ao maior humidal deste concello, A Xunqueira do Río Lagares, curso fluvial que desemboca nesta praia.

Mediante unha modificación da Ordenanza municipal de protección e tenza de animais, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, permitiu a presenza de cans de compañía nesta praia durante todo o ano, en detrimento da poboación de aves acuáticas, arriscando a conservación da lontra e danando gravemente o ecosistema dunar existente no devandito areal.

A Calzoa está situada na área de amortiguación da Zona de Especial Protección para Aves Rías Baixas de Galicia, polo que “calquera plan ou proxecto que poida afectar de xeito significativo a un espazo Natura 2000 debe ser sometido a unha adecuada avaliación e só será autorizado despois de asegurarse de que non causará danos á integridade do lugar en cuestión, tendo en conta os obxectivos de conservación do devandito lugar”.

De conformidade co artigo 5 da Directiva sobre aves, as autoridades dos Estados membros deben tomar as medidas necesarias para establecer un réxime xeral de protección de todas as especies de aves que prohiba, en particular, matalas ou capturalas e perturbalas de forma intencionada, en particular durante o período de reprodución e de crianza.

En canto á londra (Lutra lutra), de conformidade co artigo 12 da Directiva sobre Hábitats, os Estados membros deben tomar as medidas necesarias para instaurar un sistema de protección rigorosa das especies de animais que figuran na letra a) do Anexo IV-como é o caso deste mamífero- nas súas áreas de distribución natural, prohibindo, entre outras cousas: calquera forma de captura ou sacrificio deliberados de especímenes na natureza; a perturbación deliberada das especies; a deterioro ou destrución dos lugares de reprodución ou das zonas de descanso.

Esta petición á comisión europea está apoiada por 50 colectivos e asociacións de defensa da natureza, así como por destacados membros da comunidade científica, e ten como obxectivo esixir ás administracións responsables, aténdose ás evidencias e á lexislación vixente, a conservación do ecosistema da Calzoa e devolver este patrimonio natural á súa condición de ben común para a cidadanía.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: