Manifesto por un Monte Galego con Futuro e contra o Plan Forestal do PP

As organizacións abaixo asinantes rexeitamos na súa integridade a primeira revisión do Plano Forestal de Galiza, tanto a versión exposta a información pública (2018) como a presentada actualmente (2021) no Consello Forestal de Galiza, con vistas a ser aprobado no primeiro trimestre de ano. Así mesmo, solicitamos a súa anulación e a elaboración dunha nova planificación do monte a partir do Inventario Forestal Galego (aínda en elaboración) e seguindo como principios reitores a necesidade de afrontar a emerxencia climática, a preservación da diversidade de hábitats e especies, a multifuncionalidade de usos do monte, o aumento significativo do arborado autóctono, o mantemento dos servizos ecosistémicos e a sustentabilidade económica e social.

O anuncio da moratoria por parte do goberno galego prodúcese a escasas horas despois de aprobar un novo Plano Forestal Galego, que significa o recoñecemento do grave problema económico e ambiental que ten Galiza polo monocultivo do eucalipto. Máis con todo, denunciamos que non ten valor ningún xa que non se estableceron as medidas específicas para aplicala de maneira efectiva mediante un reforzamento das medidas de control e vixilancia, impedindo, como está sucedendo, novas plantacións de eucalipto. Pola contra, está a xerar un “efecto chamada” polo cal, desde o seu anuncio,se están a intensificar as novas plantacións (legais e ilegais) con esta especie. Por outro lado, a moratoria sería só a primeira medida necesaria. No desenvolvemento do inventario forestal galego, a Xunta debera identificar e cuantifiar aquela superfice do monte galego que foi ocupada ilegalmente con eucalipto e cuxa vocación orixinal debe ser reparadao antes posible.

As razóns polas que rexeitamos na súa integridade este Plano Forestal e demandamos a súa anulación imediata son :

1. Fai unha diagnose ficticia da situación do monte galego a partir dun inventario forestal irreal e desfasado(datos de 2009), que descoñece a superficie de partida do E. globuluse do E. nitens. A 1ª revisión do Plan Forestal debería partir da actualización do Inventario Galego Forestal.

2. Carece de consenso social.Na súa tramitación non se viron representados todos os axentes sociaisvinculados ao monte e ao medio rural.

3. Responde unicamente a intereses produtivistas e de carácter privado poñendo a ordenación dos usos do monte en mans das empresas madeireiras e forestais, e deixando de lado o interese público e xeral e a necesidade de manter unha reserva ecolóxica de hábitats naturais polo seu valor ecosistémico.

4. Fomenta o monocultivo e o aumento de especies pirófitas e invasoras ata acadar 1,4 millóns de Ha de piñeiros e eucaliptos en 2040, e o aumento de 3 millóns de m3de cortas anuais de madeira de baixo valor engadido ata acadar os 12 millóns de m3de cortas/ano.

5. Propón aumentar aínda máis a superficie ocupada por eucalipto E.nitens, pese a ter rebasado xa en máis do dobre as previsións para 2030, e en detrimento das masas forestais autóctonas que apenas sufrirán incremento nos vindeiros 20 anos.

6. Promove a forestación de terras agrarias, ao deixar en mans de empresas madeireiras e forestais máis de 150.000 Ha destes terreos.

7. Favorece a vulnerabilidade do monte galego fronte ao cambio climático e desvía investimentos destinados a fins de conservación e servizos ambientais para fins produtivistas.

8. Potencia a proliferación e intensificación dos lumes forestais e a privatización da loita contra os incendios. Non formula solucións para ascausas estruturais dos incendios e segue primando o investimento na extinción fronte a prevención.

9. Agrava a situación de abandono e desertización do rural galego,impedindo o desenvolvemento dun monte multifuncional que xere riqueza e recursos diversos para as persoas que viven e traballan no rural. Desbota unha vez máis a oportunidade de apostar por un modelo de montes sustentábel, pola madeira de calidade e polo peche dos ciclos produtivos dos distintos aproveitamentos do monte.

10. Alenta a desaparición dos montes veciñais en man común, favorecendo a súa privatización e a eliminación do carácter xermánico da titularidade veciñal. Propón a revisión da condición de veciño/a comuneiro/a, de dotar as mancomunidades de montes de personalidade xurídica, e que as comunidades de montes tributen no imposto sobre sociedades, como se fosen empresas mercantís. Galiza, marzo2021

Asinan este decálogo as entidades:

A Estruga, A Rente do Chan-Pladever, A Ría Non se Vende, A Terra Non se Vende (ATNSV),Agrupación Micolóxica Naturalista Liboreiro, Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, Amigos da Terra, Anduxía, Asociación Ambiental Petón do Lobo, Asociación AmbientalSenda Nova, Asociación de Amigos e Amigas dos Bosques “O Ourol de Anllóns”, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Asociación para a defensa medioambiental Salvemos Monteferro, Asociación pola Defensa da Ría (APDR), Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS), Asociación Galega de Apicultura (AGA), Asociación Galega Cova Crea, Asociación Cultural Bidueiro, Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), Asociacion de Custodia do Territorio Brexa, Asociación Frouma, Asociación Medioambiental Galicia Ambiental, Asociación Medioambiental Grupo Lobo, Asociación Monte Galego, Asociación Montes de Galiza (MONTEGAL), Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM), Asociación Naturalista Hispella, Asociación Rebinxe, AsociaciónRexeneraciónAutóctona, Asociación Veciñal do Saviñao, Colectivo Agrocuir da Ulloa, Comando Ghichas, Confederación Intersindical Galega (CIG), Ecoloxistas en Acción, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Federación Rural Galega (FRUGA), Foro do Camiño, Fundación Eira, Greenpeace, Grupo Naturalista Hábitat, Instituto de Estudos Miñoráns, Mariña Patrimonio, Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES”, Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro, Quercus Sonora, Rede do Patrimonio Cultural, Salvemos as Fragas de Catasós,Salvemos OTámega,Sindicato Labrego Galego, Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), SOS Groba, SOS Suído Seixo, Terra Chá Sostible, Verdegaia e Véspera de Nada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: