Caso Eume: alén da multa, Augas debe investigar se houbo delito e declarar caduca a concesión

Desde ADEGA-Ferrolterra queremos expresar, a nosa valoración sobre a resolución do expediente sancionador de Augas de Galicia por mor da contaminación do río Eume sufrida o pasado mes de agosto en pleno Parque Natural Fragas do Eume, pola neglixencia de Endea na xestión do encoro da Capela:

  • A resolución do expediente administrativo non resolve a problemática de fondo nin evita que se volvan repetir sucesos contaminantes como o vivido no pasado mes de agosto, onde o río Eume, agua abaixo do encoro da Capela, viuse afectado por unha excesiva e preocupante turbidez das súas augas, que impediu as poboacións da contorna poder consumir auga da billa, e que puxo en risco a saúde da poboación local e da floresta e fauna do espazo natural protexido como Parque Natural Fragas do Eume.
  • Ademais esta resolución tampouco investiga a fondo as causas que provocaron esta situación ou se existe motivos que poidan derivar nunha causa penal. Augas de Galicia tampouco clarexa se Endesa está a cumprir as obrigas e condicionamentos do proxecto para modernización das válvulas do encoro aprobado en 2017 precisamente para xestionar os lodos do fondo do encoro, e que á vista do acontecido, non garante a protección do río e da súa contorna fronte a contaminación. Xa daquela ADEGA se posicionou en contra do proxecto por estar avalando na práctica a intención da enerxética de desfacerse dos lodos do encoro botándoos río abaixo.
  • Tampouco se determinan as accións e medidas que debería tomar Endesa para que o río Eume e o Parque Natural non teñan que sufrir novos sucesos de contaminación por mor do mal estado e a mala xestión do encoro da Capela.
  • É de xustiza que Endesa teña que afrontar unha multa económica e os gastos ocasionados pola súa neglixencia, máis tamén achamos, que esta multa non recompensa todo o impacto que Endesa e o encoro da Capela tañen exercido nos últimos 50 anos sobre o río e sobre este espazo natural protexido.
  • Augas de Galicia debe obrigar a ENDESA a retirar os lodos do encoro dun xeito ambientalmente apropiado e a tratalos en terra, evitando dunha vez por todas os recorrentes episodios de contaminación que sofre o río Eume e preservando o máximo posibe o estado natural do río e das fragas, o espazo con maior diversidade e valor ambiental deste único e marabilloso bosque atlántico. Malia todo, xa é momento de declarar caduca a concesión franquista e liberar o Eume de medio século de contaminación incesante.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: