A FEG chama a participar na Marcha Contra Celulosas o vindeiro 4 de xullo en Pontevedra

A mobilización cidadá, persistente dende a instalación da industria, é un instrumento fundamental para conseguir a saída da fábrica de ENCE da Ría de Pontevedra, para que se devolvan á cidadanía os terreos públicos que ven ocupando desde fai tantos anos, para a súa recuperación ambiental, para permitir o desenvolvemento de actividades sostibles na ría e para o uso e desfrute das persoas.

Desde fai 60 anos a fábrica de ENCE en Pontevedra ven sendo un paradigma da contaminación dos nosos mares, da degradación dos nosos ecosistemas, da destrución dos nosos recursos e do bloqueo ao desenvolvemento da comarca. Hoxe, a factoría segue a verter uns 35.000 metros cúbicos diarios de augas residuais que incumpren, en numerosas ocasións, os límites establecidos pola lei de augas residuais urbanas. A empresa segue a ser freo ao desenvolvemento, ameaza para a saúde dos cidadáns, antítese da sustentabilidade, causa primeira da eucaliptización de Galicia e exemplo das malas artes das portas xiratorias e a perversión que significan.

A lexislación é clara á hora de establecer o límite máximo dunha concesión de dominio público e as condicións dunha prórroga, pero aínda así, a empresa, tras forzar a modificación da lei de costas para o seu interese, permanecer en Lourizán, conseguiu, terminado o período de concesión de ocupación de Dominio Público Marítimo Terrestre, a prórroga ilegal do mesmo por 60 anos.

Diante dos recursos que a Asociación Pola Defensa da Ría, o Concello de Pontevedra e Greenpeace, teñen presentado na Audiencia Nacional contra esta prórroga, a empresa exerce presión sobre partidos e tribunais para intentar salvar, sexa como sexa, o seu dourado e case gratuíto emprazamento, sen importarlle o dano producido.

Xa que logo, a Federación Ecoloxista Galega, apoia e chama a participar na MARCHA CONTRA CELULOSAS que o próximo día 4 de Xullo partirá ás 12 da mañá das Alamedas de Pontevedra e Marín, para confluír diante da factoría de ENCE en Lourizán.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: