9-0 Desacación en Lentille (Ribeiro)

Quedaran atrás os rigores do verao no Ribeiro e, coa vendima rematada e o viño na bodega, da Asociación Veciñal de Lentille veñen convocar máis outra vez ás Brigadas (Desacaciadoras, neste caso) para colaborar no esforzo continuo por facer recuar a masa de mimosas do perímetro da aldea e reforestar con frondosas autóctonas. A convocatoria é para o sábado 9 de outubro. O punto de encontró será o estacionamento do Souto ás 9.30h. e desde alí camiñaremos (5 minutos) até os puntos de intervención. Para vos apuntar, é preciso, alén de serdes Brigadistas, enviar un correo electrónico a avlentille@gmail.com até o 4 de outubro a máis tardar.

Disporemos de fruta variada e bidóns de auga fresca nas zonas de traballo. O albaroque terá lugar por volta das 14.30h. no Souto se o clima o permite e no garaxe do Cabido se o día non quere.

Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes:

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria. Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

VÉMONOS NO MONTE!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: