Depuradora de mexillón en castiñeiras; un cúmulo de irregularidades

Despois de varios meses de reiterar unha e outra vez a nosa solicitude de información en relación á instalación dunha depuradora de mexillón no porto de Castiñeiras (Ribeira), por fin conseguimos que Portos de Galicia nos enviase a documentación do expediente dese proxecto. Non así o Concello de Ribeira, de quen seguimos agardando a chamada…

Resultados do Informe Anual 2018 do Proxecto Ríos

En 2018 o voluntariado do Proxecto Ríos determinou que o 36% dos ríos estudados en primavera tiñan moi bo estado de saúde; en outono foron o 37% dos casos. Con estado bo, as porcentaxes se distribúen da seguinte forma: 41% en primavera; 33% en outono. Para os estados moderado e deficiente temos as seguintes porcentaxes:…

Verdegaia únese á mobilización polo clima coas brigadas deseucaliptizadoras

O sábado 28 de setembro as Brigadas deseucaliptizadoras de Verdegaia únense á Mobilización Global polo Clima colocando en destaque a necesidade de actuar de inmediato e con urxencia frente á crise climática. Farémolo recuperando unha turbeira drenada polos Servizos Forestais nos anos 1970 na Área Conservada pola Comunidade Veciñal de Froxán (Lousame) e eliminando eucaliptos…

As Brigadas deseucaliptizadoras de verdegaia participan na II Deseucaliptización organizada por Cousas de Raices

Para conmemorar o Día Mundial do Ambiente, este ano distintos colectivos ecoloxistas decidimos facer unha xornada de Deseucaliptización Simultánea. Esta xornada, que sería segunda deste tipo (a primeira celebrouse en marzo) está coordinada pola rede de colectivos Cousa de Raíces. Desde as Brigadas, e para o sábado 8 de xuño, convócanse catro rogas: no monte do…

Recheos en Barrañán: xestionar a Rede Natura a golpe de bulldózer

ADEGA presentou denuncias no Seprona e en Patrimonio Natural polo uso de maquinaria pesada na praia de Barrañán -supostamente para recuperala- con afección a hábitats prioritarios e especies ameazadas. O que vén sendo matar moscas con canóns… Ao parecer as actuacións promovidas pola Autoridade Portuaria da Coruña co visto bó da Demarcción de Costas, respostan…