Plantación de autóctonas en Ferrol o 18 de Xaneiro

As Brigadas deseucaliptizadoras voltan a Ferrolterra para dar continuación dos traballos realizados en 2019 no monte do Calexón (Valón), dando continuidade ás de 8 de xuño e 14 de decembro. Para vos apuntar, é preciso, alén de estardes inscritas como Brigadistas e enviar un correo electrónico á persoa coordinadora da brigada: feryanezmarcelin@gmail.com Data límite para…

Eliminación de flora exótica invasora en Fisterra polo Día dos Humidais

O sábado 1 de febreiro de 2020 desenvolverase unha acción de voluntariado ambiental para continuar coa loita contra as especies invasoras nas microrreservas de Fisterra. Convocamos ao voluntariado ambiental a participar nesta iniciativa e a coñecer este espazo de Fisterra cun elevado valor ambiental e diversidade botánica. A actividade será na praia do Rostro e actuarase…

A Fiscalía de Medio Ambiente do TSXG traslada ao xulgado dúas denuncias contra a mina de Touro-O Pino

Nunha recente entrevista co Fiscal delegado de Medio Ambiente e Incendios Álvaro García Ortiz, este confirmou que as informacións achegadas polos colectivos opostos ao proxecto mineiro de Touro e O Pino, xa deron lugar a dúas denuncias contra EXPLOTACIONES GALLEGAS SL e TRATAMIENTOS ECOLÓGICOS DEL NOROESTE (TEN) SL. A primeira denuncia presentada pola Fiscalía no…

Deseucaliptizamos Coruxo o 11 e Valón o 18

ELIMINACIÓN DE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS E PLANTACIÓN DE NATIVAS Chegaron as dúas primeiras convocatorias das Brigadas deseucaliptizadoras deVerdegaia para 2020. Están previstas para Coruxo, no concello de Vigo, para o sábado 11 de xaneiro; e en Valón, concello de Ferrol, para o sábado 18. Animamos á xente a non demorar en apuntarse, pois as prazas…

Grazas por este ano 2019!

Este 2019 o Grupo Naturalista Hábitat celebramos o noso 40 aniversario, un ano cheo de bos recordos e lembranzas, rodeados de todos vós, que nos acompañades actividade tras actividade, sempre dando folgos para seguir traballando en prol da divulgación e protección do medio natural galego. Este ano, coa inestimable axuda dos nosos socios e colaboradores,…

Graves irregularidades na EDAR de Ribeira

Denunciamos a existencia de vertidos sistemáticos de augas industriais do polígono de Xarás á rede de saneamento urbana da EDAR de Ribeira. Verdegaia vén de ter acceso á auditoría realizada por Adantia1, en relación ao funcionamento desa instalación. Nel aparecen recollidas numerosas eivas que non parecen moi razoables nunha infraestrutura que leva tan pouco tempo…

Fitos de ADEGA en 2019. Únete a nós!

O 2019 foi un ano da conclusión exitosa dalgunhas das accións iniciadas por ADEGA, en solitario ou en colectivo, no ámbito xudicial e administrativo, como a declaración de Cova Eirós como BIC. Pero tamén destaca a paralización das obras do Parque Eólico Serra do Iribio, no espazo natural protexido como Rede Natura Ancares-Courel, a súa…