ADEGA esixe ás eléctricas que devolvan o cobrado en exceso polos Custos de Transición á Competencia

ADEGA, xunto con Greenpeace, FACUA, Transición Verde e Economistas Frente a la Crisis iniciaron os trámites para reclamar diante dos tribunais a débeda pendente de liquidar das empresas eléctricas cos consumidores/as que pode oscilar entre os 1.500 e 2.800 M€, derivada dos Custes de Transición e Competencia (CTC). Este proceso presentouse no día de onte,... Seguir lendo →

A Xustiza condena a Xunta por negarlle a ADEGA o acceso a expedientes sancionadores sobre plantacións ilegais

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de ratificar a sentenza do Xulgado contencioso-administrativo nº 2 de Lugo polo que se admite a demanda de ADEGA contra a resolución da Consellaría de Medio Rural que denega á asociación ecoloxista ser parte interesada en dous procedementos sancionadores relativos a plantacións ilegais de eucaliptos no... Seguir lendo →

Semanas despois de ser emitida a Declaración Ambiental Estratéxica (DAE), non se teñen noticias das modificacións solicitadas para a nova redacción da 1ª revisión do Plan Forestal de Galicia

No Anuncio do 3 de xuño de 2021, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, fixo pública a DAE correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica da 1ª revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040, cara a neutralidade carbónica. Nesta declaración faise un severo reproche á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación... Seguir lendo →

A ría de Arousa rexeita o novo proxecto de explotación para a mina de Touro e esixe a súa restauración

Unha ampla representación da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA): confrarías de pescadores e agrupacións de produtores de mexillón, alén da Plataforma mina Touro-O Pino Non, colectivos ecoloxistas e sociais, reiteramos a nosa firme oposición ao proxecto de reapertura da explotación da mina de Touro. Logo de que en febreiro pasado Industria rexeitara... Seguir lendo →

As organizacións ecoloxistas queremos participar no observatorio da eólica mariña criado pola Xunta

ADEGA, CEMMA (Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, FEG (Federación Ecoloxista Galega), Grupo Naturalista Hábitat, SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), SGO (Sociedade Galega de Ornitoloxía) e Verdegaia vimos de solicitar á Xunta a inclusión dunha representación do ecoloxismo galego no “Observatorio da eólica mariña”. O pasado 9 de xuño a Xunta anunciaba a... Seguir lendo →

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑