O 9 de febreiro anunciouse no DOG o Acordo do Consello da Xunta para a Declaración “Proxecto de Interese Autonómico (PIA)” da ampliación da Autovía do Salnés VG-4.1 e da PO-308, comezando así a tramitación de dita declaración. Dábase un prazo dun mes para a presentación de recursos a este acordo. Dentro do prazo a…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
Promovemos a inclusión do salmón atlántico (salmo salar) no catálogo galego de especies ameazadas como “en perigo de extinción”
Solicitamos á D. X. de Patrimonio Natural (Consellaría de Medio Ambiente) a inclusión do salmón atlántico (Salmo salar) no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.
CONCLUSIÓNS DO ENCONTRO “COIDAR DO TERRITORIO E AS COMUNIDADES ANTE OS LUMES” CELEBRADO EN CASAIO EN NOVEMBRO
Os días 29 e 30 de Novembro, a Federación Ecoloxista Galega organizou en Casaio, no albergue Eco dos Teixos, un encontro no que participaron membros de comunidades de montes, bombeiros e gardas forestais, membros de asociacións veciñais, ecoloxistas e cidadanía das zonas afectadas. Os dous grandes temas de debate foron as boas prácticas en prevención de lumes e as dificultades para desenvolvelas, así como analizar o que debería facerse para que unha vez que se produce un lume as aldeas estean o mellor preparadas posíbel.
Dende a Ulloa ata o mar, polas que somos e as que virán
As Plataformas Ulloa Viva e en Defensa da Ría de Arousa, un ano despois da manifestación do 15 de decembro de 2024 contra o proxecto Gama de Altri
Coidar o territorio e as comunidades ante os lumes, Casaio 29-30 de Novembro
O fin de semana de 29-30 de Novembro a Federación Ecoloxista Galega promove un encontro arredor da problemática dos lumes en Casaio, no albergue e centro de actividades Eco dos Teixos
A Política forestal da Xunta é quen nos queima: Por un Monte galego vivo e con futuro, 14 de setembro en Compostela
Perante a vaga de incendios que se espallou por toda a Galiza, de norte a sur, e de leste a oeste, estamos hoxe aquí para denunciarmos máis unha vez outra traxedia ambiental, social e cultural e económica, un novo pesadelo nesta longa noite de perda da nosa natureza e por extensión do noso País. O…
Manifesto LUMES NUNCA MÁIS!
A política forestal do PP queima os nosos montes, queima as nosas casas.POR UN MONTE GALEGO CON FUTURO! Perante a vaga de incendios que que se espalla por toda a Galiza, de norte a sur, e de leste a oeste, estamos hoxe aquí para denunciar máis unha vez outra traxedia ambiental, social e cultural e…
Encontro ecoloxista 2025: Temos Raíces, 18-19 de outubro
Encontro ecoloxista, organizado pola FEG, 18 e 19 de outubro de 2025 no espazo da natureza de Oza en Carballo
2025, Outro verán que deixa un desastre ambiental
Neste mes de agosto de 2025 todo o sur de Europa está a sufrir unha intensa vaga de lumes. Dende a Federación Ecoloxista Galega queremos pór o foco nalgunhas cuestións relevantes e dar a seguir algúns puntos básicos en relación ao que habería que facer e o que non en materia de coidado do territorio e prevención de lumes
Marcha contra as celulosas: Nin Ence na ría, nin Altri na Ulloa, 1 de xuño en Marín e Pontevedra
A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) xunto á Plataforma por unha Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (Pedra) convocan unha nova Marcha, desta volta contra Ence e Altri e con carácter nacional. Non faltes, comparte! A Federación Ecoloxista Galega apoia a marcha que o domingo 1 de xuño ás…
O ecoloxismo galego reclama a incorporación da infraestrutura verde de Galicia na obrigada ampliación da Rede Natura 2000
Outro ano máis, aproveitando a celebración do Día Europeo da Rede Natura 2000 e do Día Internacional da Diversidade Biolóxica, reivindicamos a protección efectiva da biodiversidade a través dos espazos naturais protexidos. E, entre eles, subliñamos a importancia das Zonas Especiais de Conservación e das Zonas de Especial Protección para as Aves, áreas imprescindibles para…
A FEG solicita a exclusión de plantacións de eucalipto da lista de proxectos de absorción do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico
A Federación Ecoloxista Galega ven de solicitar al Ministerio para la Transición Ecolóxica e para o Reto Demográfico a baixa inmediata dos falsos proxectos de absorción e a non admisión no futuro como proxectos de absorción a plantación ou a reposición por rebrote para o cultivo de árbores do xénero Eucalyptus con destino á fabricación de celulosa