A “Asociación Pola Defensa da Ría” vén de celebrar cun debate público os 20 anos da condena a ENCE pola comisión dun delito tipificado como “delito ecolóxico”. Daquela, púidose probar que tanto ENCE como ELNOSA incumprían a lexislación de aplicación aos vertidos á Ría e ás emisións á atmosfera e, ademais, que como consecuencia deses…
Categoría: Atmosfera
A fábrica de ENCE e as augas do Lérez, unha nova burla
Baixo o réxime franquista, a fábrica de celulosa conseguía a concesión dun caudal máximo de 129.600 m3 diario de auga do Lérez para transformar as nosas árbores en pasta de papel; aportaba a cambio un novo perfume á comarca e coloracións nunca imaxinadas ás augas da Ría. Disque era o prezo a pagar polo progreso….
A APDR denuncia o comportamento cínico e incoherente de Rafa Domínguez
e non ser porque coñecemos abondo ao Partido Popular, ao seu líder local, e as estratexias da empresa ENCE, deberiamos estar sumidas hoxe nun estado de fondo desconcerto. Rafael Domínguez, defensor a ultranza da empresa ENCE, que mesmo obvia a lexislación para apoiar a permanencia da empresa na Ría de Pontevedra, que apoiou coa súa…
A Fiscalía investigará á Xunta pola vaga de lumes deste verán
A Fiscalía vén de remitir resposta ás denuncias presentadas polas diversas entidades que conforman “Por un Monte galego con Futuro” informando que incoará dilixencias coa fin de determinar a posíbel comisión dun delito contra o medio ambiente dos artigos 325 e 326 do Código Penal, relativo á protección da flora. A Fiscalía lembra que, en…
Os espectáculos motorizados son un claro exemplo de contaminación e de conductas incívicas ao volante
As mesmas administracións que solicitan á poboación un esforzo para aforrar enerxía subvencionan espectáculos que supoñen unha inxente e innecesaria queima de combustíbeis fósiles Espectáculos como o desta fin de semana pasado no IFEVI ou a proba de rallye programada para finais de mes en Vigo estarían prohibidos nunha sociedade concienciada coa contaminación e a…
Novo revés xudicial aos intereses da Xunta-ENCE
O Tribunal Constitucional (TC) vén de dar un duro golpe ao Partido Popular na súa pretensión de perpetuar a concesión de ENCE en Lourizán, unha decisión que reforza a nosa argumentación de que ENCE xa é pasado na Ría de Pontevedra. Con efecto, ao rexeitar o recurso presentado pola Xunta de Galicia -cando aínda era…
(APDR) Estivemos de Marcha contra Celulosas 2022, ENCE XA É PASADO
Cando en 1958, o goberno franquista autorizaba a instalación da celulosa en Lourizán, na Ría de Pontevedra, e na comarca enteira, empezouse unha carreira de destrución ambiental, económica e social que hoxe é máis que evidente. Aquela inaceptábel decisión levou, de forma progresiva, lenta e desapiadada, á perda do futuro da nosa Ría. Pero hoxe,…
A APDR presenta a nova MARCHA CONTRA CELULOSAS: DOMINGO 19 DE XUÑO ás 12h
Hoxe presentamos na Peregrina a nova… … MARCHA CONTRA CELULOSA o vindeiro DOMINGO 19 DE XUÑO ÁS 12H, SAÍDA DAS ALAMEDAS DE MARÍN E PONTEVEDRA. ENCE XA É PASADO … CUMPRE AGORA LOITAR POR RECUPERARMOS O FUTURO! Cando en 1958, o goberno franquista autorizaba a instalación da celulosa en Lourizán, na Ría de Pontevedra, e…
A redución da captación de auga a ENCE: tarde, mal e arrastro
A Xunta de Galicia -segundo comunicou dende Augas de Galicia- vén de fixar medidas restritivas a ENCE no que fai ao volume de captación de auga do Río Lérez, reducindo nun 60% a concesión respecto daquela outorgada á empresa nos anos 1958 e 1968, que ascendía a 1,5 m3 /s. e que agora pasará a ser de 0,55…
Sobre a tramitación dos recursos contra a prórroga do Supremo a ENCE
Publica ENCE na súa páxina web un Informe no que -entre outras cousas- afirma que o Tribunal Supremo (TS) suspendeu a tramitación dos recursos de casación presentados contra a sentenza que anula a prórroga da empresa a instancias da APDR, até que se resolvan os procesos correspondentes ás sentenzas presentadas polo Concello de Pontevedra e Greenpeace. Como queira…
Galiza confirma a agonía do carbón en 2021
O carbón só achegou o 1,9% da electricidade producida na Galiza durante 2021, segundo os datos de Rede Eléctrica de España (REE). A xeración eléctrica con carbón descendeu un 65,8% con respecto a 2020, acentuándose o seu declive (1). Nin sequera durante os meses con prezos do gas fósil máis elevados o carbón tivo un…
A FEG considera imprescindible a presenza ecoloxista na Comisión de Calidade do aire de Galiza
Recentemente someteuse a trámite de audiencia o Proxecto de Decreto polo que se crea a Comisión de Calidade do Aire de Galicia, esta comisión instituirase coma órgano colexiado de asesoramento da Xunta de Galicia e ten como primeiro obxectivo traballar na mellora da calidade do aire de Galicia. Teoricamente “pretende ser un espazo transversal para…