O pasado martes 19 de xullo o Instituto para a Transición Xusta do Ministerio para a Transición Ecolóxica convocou ás asociacións ecoloxistas de maior tamaño no Estado a unha reunión sobre o futuro da central térmica de As Pontes. Nesa mesma reunión non se deu espazo a ningunha asociación de ámbito especificamente galego, nin á…
Categoría: Difusión, publicacións
Verdegaia esixe ó Concello de Vigo que divulgue onde vai transplantar as árbores arrincadas esta semana en Martínez Garrido
Gran Vía, Ronda de Don Bosco, Castro, Gregorio Espino … atopamos exemplos en todos os barrios da cidade pero a desfeita desta semana en Martínez Garrido exemplifica claramente como o concello trata as árbores: como se foran mobiliario urbano Esta semana descubrimos na rúa Martínez Garrido que o concello ademais de seguir liquidando as árbores…
As Avelaíñas da Carballeira de Caldas de Reis
O Xoves, 14 de xullo do 2022 de 22:30h a 01:30h, terá un lugar unha actividade que tiñamos moitas ganas de facer, unha mostraxe de avelaíñas na Carballeira de Caldas de Reis, para dar a coñecer aos veciños e veciñas a estes misteriosos lepidópteros que se agochan na súa cidade. Con esta actividade tamén pretendese poñer en valor…
Senda Nova clausura a 10º ESCOLA AMBIENTAL
Outra edición da Escola Ambiental Senda Nova-Concello de Carballo tocou ao seu fin este pasado sábado no Espazo da Natureza de Oza. Ao acto asistiron membros do Concello de Carballo, así como familiares e amigos da rapazada asistente. Tamén un bo número de persoas de Senda Nova, que se animaron a arroupar e homenaxear ás…
A Revista Cerna asómase a unha Galiza de eucaliptos e eólicos
A última edición da Revista CERNA está marcada de novo pola reivindicación social e ecoloxista ante os actuais proxectos de agresión ao noso territorio. A vaga eólica segue a centrar boa parte dos contidos da publicación de medio ambiente e ecoloxía de Galiza, ofrecendo un segundo especial sobre a esta cuestión. Nesta ocasión, dous colectivos afectados ben distantes xeograficamente entre…
(APDR) Estivemos de Marcha contra Celulosas 2022, ENCE XA É PASADO
Cando en 1958, o goberno franquista autorizaba a instalación da celulosa en Lourizán, na Ría de Pontevedra, e na comarca enteira, empezouse unha carreira de destrución ambiental, económica e social que hoxe é máis que evidente. Aquela inaceptábel decisión levou, de forma progresiva, lenta e desapiadada, á perda do futuro da nosa Ría. Pero hoxe,…
Día Mundial do Medio Ambiente: e ti, que fas polo medio
Esta fin de semana celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente; en Néboa Medio Ambiente nos gusta lembrar estas datas ainda que pensamos que o día de lembrarnos do medio natural que nos rodea non é cousa dun día senon de todos e cada un dos días do ano. Para celebrar esta data lles pedimos…
ADEGA e a Fundación Eira procuran doazóns para reparar o tellado da Eira da Xoana
ADEGA e a Fundación Eira lanzan unha campaña para recadar fondos destinados a reparar o tellado da casa da Eira da Xoana, o equipamento de divulgación e formación ambiental e de promoción cultural impulsado por ADEGA e situado na parroquia de Ramil, no concello de Agolada. Malia a que se foron facendo arranxos puntuais das…
Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica, Campaña de crowdfunding contra os megaproxectos eólicos
A transición enerxética cara a un modelo baseado en renovábeis é un compromiso ineludíbel. Esa transición debe ser xusta, socialmente distribuída e respectuosa coa biodiversidade, a xeodiversidade e a paisaxe. Mais non está sendo así. Esta campaña de crowdfunding pretende impulsar iniciativas xurídicas que sirvan para evitar un modelo baseado en megainstalacións; dará asistencia técnica…
Hábitat participa na 1ª Semana Ibérica sobre Especies Invasoras
Do 29 de maio ao 6 de xuño terá lugar a 1º Semana Ibérica sobre Especies Invasoras (SIEI 2021), iniciativa organizada pola Red Portuguesa de Estudo e Gestão de Espécies Invasoras – Rede InvECO, e os proxectos LIFE STOP Cortaderia e LIFE INVASAQUA, co obxectivo de poñer o foco nunhas das principais causas de perda…
O Grupo Ecoloxista ADENCO pon en marcha unha revista cultural
O Grupo Ecoloxista ADENCO vén tirar do prélo unha nova publicación, concretamente unha revista cultural que pretende pór en valor o patrimonio da nosa comarca. A revista, en formato físico e electrónico, con versión extendida nas redes sociais, onde se ampliará o contido de cada número, tirando do fío de cada historia, estará a disposición…
Os megaparques eólicos son un golpe para a economía rural galega
O pasado 20 de Maio tivo lugar a terceira das mesas redondas do ciclo “Proxectos eólicos e os seus impactos na Galiza”, que organiza a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). O encontro centrouse sobre os impactos socioeconómicos dos macroproxectos eólicos e contou coa participación de Xavier Simón, responsable do Observatorio Eólico de…