Mañá mércores, 19 de abril, desenvolveremos unha nova actividade no marco do noso programa BioDiversidade, iniciativa onde procuramos unha #naturezainclusiva con diversos colectivos, promovendo a integración e a participación activa en materia de coñecemento, divulgación e conservación do patrimonio natural.
Nesta ocasión, en compañía dos usuarios do Hospital de día de Saúde Mental do Hospital Marítimo de Oza, faremos unha descuberta da flora e fauna que nos rodea, poñendo especial atención á biodiversidade que acolle a propia contorna natural do Hospital de Oza, cunha situación privilexia a carón do mar.
De seguro que será unha estupenda mañá!
