A Coordinadora “Eólica Así Non” chama o pobo galego a rodear a Xunta o domingo 23 de abril

Coincidindo coa data límite establecida pola normativa vixente para outorgar autorización previa aos proxectos eólicos promovidos en Galiza con declaración de impacto ambiental favorábel, a Coordinadora Eólica Así Non convoca o pobo galego a participar nunha nova mobilización masiva en Santiago de Compostela, o vindeiro 23 de abril. Esta mobilización chama aos galegos e galegas, ás plataformas de veciños…

Comunicado conxunto das Asociacións Eco-Naturalistas co gallo do día do Naturalismo Galego o 9 de marzo

Para as entidades abaixo asinantes, é unha auténtica honra participar neste acto de homenaxe e de reivindicación. De homenaxe porque o vindeiro 9 de marzo se conmemora o natalicio en 1695 do primeiro sabio estudoso da natureza de Galiza: Pedro José García Balboa, isto é, o Padre Martín Sarmiento, a quen podemos considerar o primeiro naturalista histórico galego. E de reivindicación porque…

A FEG apoia a manifestación do sábado 4 de Marzo, ás 11 da mañá na Alameda de Noia, contra as verteduras da balsa de agua da Mina de San Finx

A FEG súmase á convocatoria realizada polo sector do mar na ría de Muros-Noia co apoio de confrarías de pescadores e mariscadores e outras organizacións do sector. A FEG xunto con outras organizacións ecoloxistas e sociais veñen denunciando en reiteradas ocasións a situación da balsa de residuos mineiros da Mina de San Finx coa perigosidade…

Presentamos unha queixa pola reiterada negativa da Presidencia a permitir no COGAMADS o debate sobre as repercusións ambientais do “boom” eólico

Os vogais ecoloxistas no COGAMADS (Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel) vimos de acudir en amparo á Valedora do Pobo para que se nos permita exercer libremente as nosas funcións como membros deste organismo colexiado. Diante do persistente veto da presidenta, a conselleira Ángeles Vázquez, a incluir na orde do día unha proposta…

Alegacións da FEG ao anteproxecto de Lei de Ordenación do Litoral

Desde a FEG presentamos alegacións a este Anteproxecto de Lei das que mostramos un extracto: ORIXE E FINALIDADE DO ANTEPROXECTO DE LEI DE ORDEACIÓN DO LITORAL DE GALICIA Débese destacar, como reflexión de partida á hora de atopar xustificación á necesidade dunha lei que permita a asunción de competencias en materia de ordenación do litoral,…

Eólica Así Non convoca unha nova gran mobilización para o 11D, Día das Montañas

Por segundo ano, con motivo do Día mundial das Montañas, o vindeiro domingo 11 de decembro, a Coordinadora “Eólica, Así Non” convoca á sociedade galega a unha nova grande mobilización fronte a actual invasión eólica. A Coordinadora “Eólica Así Non” escolle esta data polo seu carácter especialmente simbólico na loita social contra a vaga eólica…

A Fiscalía investigará á Xunta pola vaga de lumes deste verán

A Fiscalía vén de remitir resposta ás denuncias presentadas polas diversas entidades que conforman “Por un Monte galego con Futuro” informando que incoará dilixencias coa fin de determinar a posíbel comisión dun delito contra o medio ambiente dos artigos 325 e 326 do Código Penal, relativo á protección da flora. A Fiscalía lembra que, en…