A FEG presenta unha queixa ante o Ministerio de Transición Ecolóxica ó non ser convocada a unha reunión sobre o futuro da central de As Pontes

O pasado martes 19 de xullo o Instituto para a Transición Xusta do Ministerio para a Transición Ecolóxica convocou ás asociacións ecoloxistas de maior tamaño no Estado a unha reunión sobre o futuro da central térmica de As Pontes. Nesa mesma reunión non se deu espazo a ningunha asociación de ámbito especificamente galego, nin á…

Unha man de pintura verde na cuestión enerxética para seguir contaminando

Ante a recente aprobación do Parlamento Europeo (xullo 2022) da inclusión do gas e as centrais nucleares dentro da taxonomía verde, de tal forma que serán equiparadas a enerxías renovábeis nos programas de financiamento, a Federación Ecoloxista Galega (FEG) contactou co profesor X. Doldán en calidade de experto, quen nos remitiu a súa reflexión e…

Concentracións nas 7 cidades galegas, LUMES NUNCA MÁIS!

A plataforma “Por un monte galego con futuro”, integrada por numerosas asociacións e colectivos do país, convocan concentracións simultáneas nas 7 cidades  galegas para mañá xoves 21 ás 20h (20:30 en Ourense) en resposta a vaga de incendios que está a devastar as máis emblemáticas xoias ecolóxicas de Galiza. As entidades convocantes reclamarán a declaración de “zona cartastrófica” (agora…

A FEG ven de enviar unha carta a Valedora do Pobo co obxecto de facer visíbel as irregularidades no Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable

No escrito, os colectivos que forman parte da Federación[1] argumentamos as nosas queixas do funcionamento do Consello da Xunta, que está a desatender ou mesmo pór trabas aos procesos de participación pública que en materia de medio ambiente son preceptivos e están recollidos en multitude de normativas europeas, estatais e autonómicas. Xa no ano 2021…

A Federación Ecoloxista Galega ven de informar negativamente un proxecto de ordenación dun monte situado integramente en Rede Natura 2000

A Xunta omite avaliación ambiental ordinaria de proxectos en Rede Natura 2000. O CASO DO PROXECTO DE ORDEACIÓN FORESTAL DO MONTE VECIÑAL EN MAN COMÚN CASTRELO E ESPIÑA, NA PARROQUIA DE CUBILLEDO (OURENSE) A Federación Ecoloxista Galega ven de informar negativamente un proxecto de ordenación dun monte situado integramente en Rede Natura 2000, concretamente na…

As organizacións ecoloxistas abandonan o consello galego de medio ambiente pola negativa da Xunta a debater a problemática eólica

A vogalía da Federación Ecoloxista Galega (FEG), xunto coa de ADEGA e a SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), representantes ecoloxistas no Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable, COGAMADS, vimos de comunicar á Presidencia deste organismo consultivo a nosa intención de non seguir participando nas reunións mentres non se debatan e voten no pleno…

Fragas do Eume: O Parque Natural Atlántico pior conservado

A piques de cumprir o seu 25º aniversario, este parque aínda carece de plan reitor de uso e xestión (PRUX). Na súa apresurada elaboración, a Xunta está a tratar como convidados de pedra ás entidades ecoloxistas, que son pesimistas respecto do futuro do parque. GRUPO NATURALISTA HÁBITAT, SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL, ADEGA, ASOCIACIÓN BETULA,…

A FEG diríxese á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo denunciando o Parque Eólico Xesteirón pola ocupación de Habitats protexidos

A Federación Ecoloxista Galega reitera a súa preocupación pola proliferación de proxectos de parques eólicos localizados en espazos naturais sensibles. A Administración segue a tramitar estes proxectos incumprindo a normativa europea: a FEG ven de dirixir un escrito á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo solicitando apertura de investigación para o cumprimento da Directiva 92/43/CEE…