Concentracións nas 7 cidades galegas, LUMES NUNCA MÁIS!

A plataforma “Por un monte galego con futuro”, integrada por numerosas asociacións e colectivos do país, convocan concentracións simultáneas nas 7 cidades  galegas para mañá xoves 21 ás 20h (20:30 en Ourense) en resposta a vaga de incendios que está a devastar as máis emblemáticas xoias ecolóxicas de Galiza.

As entidades convocantes reclamarán a declaración de “zona cartastrófica” (agora “zona afectada gravemente por unha emerxencia civil”) das áreas atinxidas polos lumes, así como accións inmediatas para evitar a erosión destes solos de extraordinaria importancia e procurar o antes posíbel a súa restauración, entre outras reivindicacións que se lerán nun manifesto coxunto.

Co obxecto de que o goberno da Xunta escoite unha soa voz que percorra o país ao berro de LUMES NUNCA MÁIS, a  plataforma “Por un monte galego con futuro”, anima á sociedade galega a saír á rúa, asistindo ás  concentracións convocadas en:

  • A Coruña, Obelisco.
  • Compostela, San Caetano.
  • Ferrol, Delegación da Xunta.
  • Lugo, Delegación da Xunta.
  • Pontevedra, Delegación da Xunta.
  • Vigo, Delegación da Xunta.

En Ourense, convoca o Comité pola defensa do monte galego, na Praza Maior ás 20.30h.

Convoca, Plataforma “Por un monte galego con futuro”
Colectivos que a integran: A Estruga, A Rente do Chan-Pladever, A Ría Non se Vende, A Terra Non se Vende (ATNSV), Agrupación Micolóxica Naturalista Liboreiro, Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, Amigos da Terra, Anduxía, Asociación Ambiental Petón do Lobo, Asociación Ambiental Senda Nova, Asociación de Amigos e Amigas dos Bosques “O Ourol de Anllóns”, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Asociación para a defensa medioambiental Salvemos Monteferro, Asociación pola Defensa da Ría (APDR), Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS), Asociación Galega de Apicultura (AGA), Asociación Galega Cova Crea, Asociación Cultural Bidueiro, Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), Asociación de Custodia do Territorio Brexa, Asociación Frouma, Asociación Medioambiental Galicia Ambiental, Asociación Medioambiental Grupo Lobo, Asociación Monte Galego, Asociación Montes de Galiza (MONTEGAL), Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM), Asociación Naturalista Hispella, Asociación Rebinxe, Asociación Rexeneración Autóctona, Asociación Veciñal do Saviñao, Colectivo Agrocuir da Ulloa, Comando Ghichas, Confederación Intersindical Galega (CIG), Ecoloxistas en Acción, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Federación Rural Galega (FRUGA), Foro do Camiño, Fundación Eira, Greenpeace, Grupo Naturalista Hábitat, Instituto de Estudos Miñoráns, Mariña Patrimonio, Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo «CÍES», Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro, Quercus Sonora, Salvemos as Fragas de Catasós, Sindicato Labrego Galego, Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), SOS Groba, SOS Suído Seixo, Terra Chá Sostible, Verdegaia e Véspera de Nada.

One Comment Add yours

  1. Sabela di:

    Si las personas que integran estas asociaciones, hubiesen dedicado un mínimo de tiempo a cuidar y sanear el monte, del que obtienen importantes recursos económicos está calamitosa situación no se hubiese producido.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s