Presentación do Proxecto SOnat (Morcegos de Galicia)

Velaquí unha xornada máis Falando de natureza, na que coñeceremos de primeira man a nova iniciativa dos compañeir@s de Morcegos de Galicia: o Proxecto SOnat

No marco desta proposta, a entidade ten previsto focalizar o seu esforzo en recoller datos da especie mais descoñecida da nosa fauna quiropterolóxica: o morcego migrador (Pipistrellus nathusii). SOnat procurará determinar, en base a mostraxes acústicas, capturas, revisión de caixas niño e demais accións, canto tempo pasa esta especie en Galicia e como se distribúe polo noso territorio, que representa o extremo sudoeste da súa área de distribución.

Nunha das súas vertentes o Proxecto SOnat botará man da denominada Ciencia Cidadá, término que aglutina aquelas iniciativas dirixidas á investigación científica, que incorporan como protagonistas de excepción á cidadanía en xeral a prol da construción colaborativa do coñecemento. Será mediante o uso de audiomoths -dispositivos electrónicos para a detección de chamadas ultrasónicas de morcegos- como os interesados no proxecto poderán colaborar no establecemento da presencia desta especie durante a súa migración.

E para falarnos en detalle desta proposta teremos connosco a Manuel Arzúa Piñeiro, biólogo, consultor ambiental especializado en quirópteros -tendo traballado no Reino Unido durante 5 anos- e membro de “Morcegos de Galicia” dende o pasado 2007. Da súa man afondaremos na ecoloxía desta misteriosa especie, coñeceremos o protocolo de seguimento para quen desexe colaborar no proxecto, e achegarémonos en xeral ás características do singular mundo dos morcegos.

A actividade, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro martes 26 de xullo, ás 20:30hno local social do G.N.Hábitat: rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña –ver localización no mapa-. Para a asistencia é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Debido ás características intrínsecas do Proxecto SOnat, a xornada (teórico/formativa) será exclusivamente en formato presencial. Non se habilitará retransmisión online a través das canles nas redes socias. 

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Agardámoste!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s