As Brigadas deseucaliptizadoras de Verdegaia voltan a Froxán (Lousame) o 23 de Xullo

As vagas de incendios asolan de novo todo o país e desde Verdegaia continuamos coas intervencións das Brigadas Deseucaliptizadoras que limpan os montes de especies exóticas e invasoras e recuperan os terrenos con frondosas que axudan a evitar e propagar os lumes e contribúen a loitar contra o cambio climático.

Logo do éxito da forza expedicionária á Serra da Estrela en Portugal, as Brigadas voltan á casa coa acción programada en Froxán (Lousame) para o sábado 23 de xullo.

Nese día comezarase nunha nova zona de intervención eliminando eucaliptos ao longo do rego da Abelleira, en parcelas con acordos de custodia do territorio coa Fundación Montescola, nas que no próximo inverno se realizará plantación de árbores nativas.

A roga eliminará eucaliptos para preparar o terreno para plantar no inverno. Pola tarde, como parte da V Romaria da Coluna Sanfins, realizaremos un obradoiro sobre “Montes veciñais: historia e gobernanza“, como parte do proxecto de formación Erasmus+ “Vemo-nos no monte” que realizará intervención a ambos os dous lados da fronteira.

Verdegaia, e as súas Brigadas Deseucaliptizadoras, facemos un chamamento a todas as organizacións que teñan montes ao seu cargo, como as Comunidades de Montes en Mancomún, e queiran cambiar a xestión dos mesmos, que se sumen ás Brigadas para que, entre propietarios e voluntariado, contribuamos á mellora dos nosos montes e acabemos coa “praga” dos incendios. Como participar: https://verdegaia.org/brigadas/como-participar

Os incendios son provocados por unha política forestal errónea que enche os montes de especies exóticas invasoras que aumentan as posibilidades de incendio. Tamén o abandono das terras e do rural provoca a expansión dos lumes que, cos condicionantes provocados polo cambio climático, serán cada vez de maior tamaño e difíciles de controlar e apagar polos equipos contra incendios.

As Brigadas Deseucaliptizadoras son unha proposta en positivo que quere, coa práctica, contribuí ao cambio na política forestal recuperando os montes con especies autóctonas frondosas facendo da nosa terra un lugar máis resiliente frente aos incendios e o cambio climático.
___________________

As Brigadas Desucaliptizadoras son unha iniciativa da Asociación Ecoloxista Verdegaia que teñen como obxectivo mobilizar, organizar e coordenar persoas de todo o País con vontade de botarse ao monte para realizar accións de voluntariado ambiental en colaboración coas titulares de terreos con valores ambientais degradados ou ameazados pola eucaliptización e outras especies exóticas invasoras. Mediante a erradicación destas especies e a súa substitución por outras autóctonas de alto valor ecosistémico. As accións das Brigadas teñen como obxectivo que as zonas intervidas non volten a ser pasto do lume e que sirvan como zonas protectoras, actuando como cortalumes verdes e corredores de biodiversidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s