Entidades Socias

ADEGA

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) é unha asociación ecoloxista democrática, independente e sen ánimo de lucro que traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida...
APDR

A “Asociación Pola Defensa da Ría” de Pontevedra ( APDR ), nace a finais de 1987 como resposta á preocupación cidadá diante da grave situación de deterioro ambiental que sofre o medio natural na zona; trátase dunha asociación ecoloxista...

ADENCO

Asociación para a Defensa da Natureza do Condado (Ponteares). O Grupo Ecoloxista Adenco traballa a prol do Medio dende 1990.
BREXA

Asociación de Custodia do Territorio de Carral, nace coa intención de preservar a biodiversidade das terras da nosa contorna...

A.C PAPAVENTOS

Apaixonados do teatro. Andamos experimentando polos escenarios galegos dende hai... uf! Mira a nosa...
ASEMBLEA DO SUÍDO

Asociación Ecoloxista. Covelo. Galiza. Nin estabamos mortos, nin estabamos de esmorga. Estabamos á espreita...

CES

O Colectivo Ecoloxista do Salnés é unha asociación co seu ámbito de acción máis próximo na comarca do Salnés, mais non esquencemos as problemáticas ambientais de maior ámbito...
HÁBITAT

O Grupo Naturalista Hábitat é entidade sen ánimo de lucro e politicamente independente, é unha das asociacións conservacionistas máis sobranceiras de Galicia. Desde a súa fundación na Coruña en 1979... 

SENDA NOVA

No ano 2001, no seo da Cruz Vermella  Xuventude de Carballo,  crease o Obradoiro Medioambiental  Senda Nova. O programa é o primeiro de carácter medioambiental dentro da ONG en Galicia. Lévase adiante en  nove meses e con seis monitor@s  á vez que 25 nen@s ...
NÉBOA 

A asociación Néboa Medio Ambiente é unha entidade ecoloxista aberta a calquera persoa amante da natureza. Somos unha entidades sen ánimo de lucro, que dende o seu nacemento alá polo ano 1.996 ata a actualidade conseguimos reunir un grupo de persoas con idades e intereses moi variados...

VERDEGAIA

Asociación ecopacifista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente. Naceu 2 de Abril de 2006 co obxecto de contribuír desde Galiza para a defensa do ambiente...
VAIPOLORÍO

Nace da necesidade de recuperar o Río dos Gafos, ante a deterioración medioambiental que estaba a sufrir e a falta de preocupación das distintas institucións que se supón que teñen que velar pola súa saúde...

MONTESCOLA 

A Fundación Montescola ven de crear en Lousame a Área Conservada do Portelo da Devesa, o primeiro territorio de todo o Estado que opta ao recoñecemento polas Nacións Unidas e a Unión Internacional para a Conservación da Natureza...
MEL

O Movemento Ecoloxista Da Limia, entre outras acividades, defende á comarca da Limia da contaminación que xera a gandería industrial.