12 meses, 12 invasoras: Verdegaia retira Acacia Negra en cangas o vindeiro 26 de Marzo

Verdegaia continúa coa campaña ‘12 Meses, 12 Invasoras’ que decorre ao longo deste 2023 co obxectivo de visibilizar o problema ambiental que supoñen as Especies exóticas invasoras (EEI). Este mes de Marzo adicámolo á Acacia negra (Acacia melanoxylon), na ficha recollemos a información máis destacable sobre esta árbore e o Domingo 26 realizaremos unha actividade…

Encontros Naturalistas con Hábitat: Paseo polo río Mero

Queres vir e desfrutar dun paseo en familia para celebrar o día do Pai connosco?? Este domingo, 19 de marzo do 2023, de 10:30 a 13h, faremos un paseo polo río Mero para desfrutar dun pequeno recorrido gozando da biodiversidade que atrae o seu cauce. A xornada é de balde e aberta ao público. Así e todo, para a…

Pasado, presente e futuro do naturalismo galego

O vindeiro xoves 9 de marzo celebramos o noso primeiro día do naturalismo galego, e que mellor xeito de facelo que conversando entre naturalistas nun “Falando de natureza”. Rodeados de compañeir@s de paixón, debateremos sobre o pasado, presente e futuro do naturalismo en Galicia. Naturalistas de todas as idades contarannos as súas vivencias, anécdotas, inquedanzas e…

A FEG apoia a manifestación do sábado 4 de Marzo, ás 11 da mañá na Alameda de Noia, contra as verteduras da balsa de agua da Mina de San Finx

A FEG súmase á convocatoria realizada polo sector do mar na ría de Muros-Noia co apoio de confrarías de pescadores e mariscadores e outras organizacións do sector. A FEG xunto con outras organizacións ecoloxistas e sociais veñen denunciando en reiteradas ocasións a situación da balsa de residuos mineiros da Mina de San Finx coa perigosidade…

Marzo Brigadista con VERDEGAIA: Sábado 4 en Darbo (Cangas)

A Comunidade de Montes Veciñais de Darbo (Cangas) en colaboración coas Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia convocan unha nova roga no Morrazo o sábado 4 de marzo. Que faremos? Será unha xornada dura de corta de eucaliptos novos, mais de certa altura, así como de carga e distribución da madeira.Tamén aproveitaremos para arrincar brotes e descascar. Lugar de encontro: Pequena chaira para deixar…

O 18 de febreiro, Verdegaia plantará árbores autóctonas en Cedeira

En xaneiro de 2021 as Brigadas deseucaliptizadoras iniciaron o seu traballo nunha das comarcas galegas máis castigadas polo eucalipto, eliminando eucalipto nunha parcela de 1 hectárea no lugar do Formigueiro (entre Cedeira e santo André de Teixido). Na xornada do día 18 de febreiro acudiremos de novo a Mark Singleton, veterano brigadista, na recuperación do bosque autóctono na zona, plantando medio…

Novo ciclo das Conversas do Rural dende o ESPAZO DA NATUREZA DE OZA

O ESPAZO DA NATUREZA DE OZA segue coa dinamización do rural a través dunha nova xeira de conversas que pretende a interacción dos asistentes con intervencións enfocadas a temáticas varias que teñen como nexo o rural. O venres día 10 febreiro  ás 19h será a presentación-conversa do libro MISTERIOS E ENCANTOS DE BERGANTIÑOS, unha obra…

Xornadas Temos Alternativa, o 4 e 5 de febreiro en Pontevedra

Verdegaia fai parte da coordinadora “Eólica, así non” desde a súa constitución. Neste tempo téñense realizado diversos actos de protesta contra a vaga de grandes proxectos eólicos que se ten despregado tanto dende a administración galega como a estatal, sen que exista un criterio claro na súa ordenación, uns procedementos transparentes e participativos nos trámites, ou o…

Día Internacional dos Humedais con Senda Nova

O Esteiro do Anllóns albergará a próxima actividade de Senda Nova. Coa visita preténdese conmemorar o Día Internacional das zonas Humidas. A data propia, o día 2 de febreiro pretende sensibilizar e poñer en valor estes espazos naturais que levan sufrindo importantes regresións dende fai décadas. Na excursión ao Esteiro do Anllóns participarán os rapaces…