
Os participantes da Escola Ambiental foron os encargados de dar o pistoletazo de saída da XIV Primavera en Ruta organizada por Senda Nova.
Ao acto asistiron integrantes da asociación así como de concellos colaboradores ademais de Protección Civil de Carballo. Tamén asistiron as mesmas familias dos nenos e nenas de Senda Nova e é que a rapazada, foi quen de afondar en cada un das oito rutas programadas a través das súas propias vivencias dentro do territorio en cada un dos lugares do rural de Bergantiños que visitan.
Deste xeito, as propostas visitarán máis de 20 parroquias das comarcas de Bergantiños, Ordes e Soneira, no que serán máis dun cento de km e doutras tantas paradas interpretativas.
Os itinerarios pasarán polos concellos de Carballo, Coristanco, A Laracha, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Malpica de Bergantiños, Trazo e Val do Dubra en oito itinerarios noutros tantos domingos dos meses de abril, maio e xuño.
RUTA DO XESTAL
O acto servÍu tamén para a presentación da RUTA DO XESTAL, algo do que se encargaron tamén as rapazas e rapaces da propia Escola Ambiental. A RUTA DO XESTAL súmase a unha xeira de accións proxectadas dende o Concello de Carballo para poñer en valor a figura do artista de Lema no ano no que se cumpren 30 anos do seu pasamento.
O itinerario transcurre polas parroquias de Oza, Razo e Lema. Cun recorrido de escasos 8 km, a ruta transita entre o propio Espazo da Natureza de Oza e o miradoiro de Castrillón, na aldea da parroquia de Lema. Entre os lugares por onde pasa destaca o lugar das Torres, en Oza, Pardiñas e o Seixo, onde viviu Carlos Díaz ata o seu pasamento.
Precisamente este itinerario vai ser o primeiro en relaizarse, o día 16 de abril e é o unico deles con inscrición de balde.
Agradecer o apoio dos concellos de Carballo, A Laracha, Coristanco, Malpica de Bergantiñose Zas, así como a A.V. Protección Civil de Carballo e o voluntariado de Senda Nova.
Aquí tedes toda a información da XIV PRIMAVERA EN RUTA: