Entidades ecoloxistas pedimos á Xunta que suspenda o concurso de pesca do salmón no Ulla

Recentemente, ADEGA, AEMS, FEG, SGHN e Asociación Lobo propuxemos a inclusión das poboacións galegas de salmón atlántico (Salmo salar) no Catálogo galego de especies ameazadas (CGEA), coa categoría “En perigo de extinción”.A Xunta, através da Orde de 11 de decembro de 2025 que establece as normas para a pesca continental na actual empada, vedou en o salmón en todos os ríos…

CONCLUSIÓNS DO ENCONTRO “COIDAR DO TERRITORIO E AS COMUNIDADES ANTE OS LUMES” CELEBRADO EN CASAIO EN NOVEMBRO

Os días 29 e 30 de Novembro, a Federación Ecoloxista Galega organizou en Casaio, no albergue Eco dos Teixos, un encontro no que participaron membros de comunidades de montes, bombeiros e gardas forestais, membros de asociacións veciñais, ecoloxistas e cidadanía das zonas afectadas. Os dous grandes temas de debate foron as boas prácticas en prevención de lumes e as dificultades para desenvolvelas, así como analizar o que debería facerse para que unha vez que se produce un lume as aldeas estean o mellor preparadas posíbel.

Manifesto LUMES NUNCA MÁIS!

A política forestal do PP queima os nosos montes, queima as nosas casas.POR UN MONTE GALEGO CON FUTURO! Perante a vaga de incendios que que se espalla por toda a Galiza, de norte a sur, e de leste a oeste, estamos hoxe aquí para denunciar máis unha vez outra traxedia ambiental, social e cultural e…

2025, Outro verán que deixa un desastre ambiental

Neste mes de agosto de 2025 todo o sur de Europa está a sufrir unha intensa vaga de lumes. Dende a Federación Ecoloxista Galega queremos pór o foco nalgunhas cuestións relevantes e dar a seguir algúns puntos básicos en relación ao que habería que facer e o que non en materia de coidado do territorio e prevención de lumes

O ecoloxismo galego reclama a incorporación da infraestrutura verde de Galicia na obrigada ampliación da Rede Natura 2000

Outro ano máis, aproveitando a celebración do Día Europeo da Rede Natura 2000 e do Día Internacional da Diversidade Biolóxica, reivindicamos a protección efectiva da biodiversidade a través dos espazos naturais protexidos. E, entre eles, subliñamos a importancia das Zonas Especiais de Conservación e das Zonas de Especial Protección para as Aves, áreas imprescindibles para…