Encontro ecoloxista 2026: Temos Raíces, 24 de outubro

Eira da Xoana, Ramil (Agolada), 24 de outubro de 2024, coa Fundación Eira da Xoana

O Encontro Ecoloxista 2026 organizado pola Federación Ecoloxista Galega realizarase o sábado 24 de outubro, sobre os retos do ecoloxismo ante a contexto xeopolítico actual e as súas repercusións ambientais. A realización de un traballo comunitario na Eira da Xoana, debates sobre os lumes e a expansión dos terrenos dedicados á vide para produción de viño e proxeccións.

Contido e estrutura da xornada do sábado 24 de outubro:

  • 11h a 12:30h: Reflexión sobre os retos que para o ecoloxismo supón o contexto xeopolítico actual e as súas repercusións ambientais coa participación de representantes do IGADI
  • 12:30ha 14h: traballo en común na Eira da Xoana
  • 14h a 16:30h: xantar común, para o que cada persoa se encargará de achegar a súa propia comida.
  • 16:30h a18h: afondaremos en dúas liñas de traballo que están a levar os diferentes colectivos da FEG, para compartir coñecementos, accións, propostas, etc.  
    • 16:30 a 17h: o CES presentará o traballo que están a facer en relación á extensión do cultivo da vide.
    • 17 a 18h: trataremos sobre o traballo feito arredor dos lumes, tanto polos colectivos como pola propia Federación, coa idea de establecer prioridades, xerarquizando accións e ámbitos de incidencia en relación a criterios de posibilidade, eficacia ou estratexia. Trataríase de poder reflexionar sobre as moitas actividades xa realizadas para evitar reiteracións, duplicidades ou esforzos ineficaces de cara ao futuro.
  • 18h a 19h: Pecharemos a xornada coa proxección da peza do proxecto Filtrando a Luz, Rizoma V, sobre a custodia do territorio.

Inscríbete e participa nas xornadas: https://forms.gle/6YhjUnnoGZxHRLjM6

Deixar un comentario