ADEGA vén de coñecer que se atopa en fase de exposición pública para a súa avaliación ambiental un proxecto de ampliación da granxa de visón americano situada no Monte Xalo, na localidade coruñesa de Carral, da que é propietaria a empresa Blomvis Spain S.L. Este proxecto propón duplicar a súa capacidade de produción, pasando das... Seguir lendo →
A APDR denuncia novos vertidos no río Lerez
O sábado 10 de abril, sobre as 9:30 da mañá, puidemos observar diversos vertidos ao longo do río Lérez, algúns deles certamente aparatoso. E aínda que nalgún caso trátase de vertidos que se veñen repetindo sistematicamente desde hai tempo, non deixan de ser preocupantes, non só pola súa incidencia na calidade das augas do río,... Seguir lendo →
Verdegaia presenta alegacións ao PRUX do Parque Natural de Corrubedo
O pasado 29 de marzo publicábase no DOG un anuncio da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sometendo a información pública o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. O Parque, que foi declarado como tal en 1992,... Seguir lendo →
ADEGA intensifica a vixilancia e denuncia de cortas e repoboacións ilegais ante a nova vaga eucaliptizadora
O anuncio por parte da Xunta de Galicia dunha moratoria ou paralización temporal das novas plantacións de eucaliptos en Galiza, sen que esta vaia acompañada dun instrumento normativo que regule a súa aplicación, sen medidas de sanción e sen o necesario reforzo de recursos económicos e humanos, especialmente do corpo administrativo de vixilancia e control... Seguir lendo →
O CES solicita a reutilización das estacas anti-covid de Silgar para protexer a duna de Baltar
Segundo informacións aparecidas na prensa, as estacas retiradas da parcelación anti Covid de Silgar, van ser reutilizadas polos responsables do Concello de Sanxenxo con fins medioambientais e de protección dunar. Por iso dende o CES acabamos de solicitar ao Concello que reutilice parte de ditas estacas para delimitar unha zona no ecosistema dunar de Baltar... Seguir lendo →
A “APDR” responde á Confederación de Empresarios de Galicia
No contexto da campaña que ENCE, Xunta de Galicia e PP están a desenvolver nos medios de comunicación para tratar de conseguir que ENCE permaneza na Ría saltándose a legalidade, unha campaña orquestrada arredor da falacia de que a Administración do Estado elaborou o proxecto de Lei de Cambio Climático co obxectivo último de sacar... Seguir lendo →
As ecoloxistas reclamamos transparencia sobre os proxectos presentados por Medio Ambiente aos fondos europeos
Hai varias semanas a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV) anunciou a presentación de 10 proxectos en materia de biodiversidade para optar ao financiamento europeo para a recuperación económica, os chamados fondos “Next Generation” (https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/55475/medio-ambiente-presenta-10-proxectos-materia-biodiversidade-para-optar-maximo?langId=gl_ES). Neste anuncio propóñense de forma moi superficial e sen ningunha concreción unha serie de actuacións que entendemos necesitan... Seguir lendo →
Traballando pola Conservación: Asociación Abejas Silvestres
Este xoves, 8 de abril do 2021, ás 20:30h., falaremos con Ignasi Bartomeus e Ainhoa Magrach da Asociación Abejas Silvestres, entidade fundada no 2019 para a divulgación e conservación das máis de 1000 especies de abellas silvestres da Península Ibérica, incidindo na importancia dos seus hábitats e do seu papel na polinización. A Asoc. Abejas... Seguir lendo →
ADEGA reclama ao Concello de Lugo a recuperación do curso fluvial afectado polo proxecto do paso soterrado baixo a NVI
ADEGA vén de presentar no Concello de Lugo e a Confederación Hidrográfica Miño Sil, alegacións ao proxecto “Prolongación do paso soterrado baixo a N-VI redactado pola empresa Inca Servicios y Proyectos de Ingeniería Civil S.L., e promovido polo Concello de Lugo, incluído dentro da estratexia Da Muralla ao Miño Muramiñae. O proxecto presentado e aprobado,... Seguir lendo →
Os xulgados tumban a tentativa da Xunta de impedir o acceso á xustiza gratuíta na investigación penal sobre as minas de San Finx
A sentenza xudicial reafirma o papel da “acción popular medioambiental” que garante ás asociacións ambientais o dereito de acceso á xustiza gratuíta.A resolución da Xunta podía expoñer a Verdegaia a custas xudiciais disuasorias no procedemento penal sobre as irregularidades na mina de San Finx, en Lousame Verdegaia vén de coñecer con satisfacción a sentenza dos... Seguir lendo →
Carta aberta ao Conselleiro de Economía da Xunta de Galicia
Sr. Conde, Vimos de ler as súas declaracións sobre a mesa de diálogo prevista para analizar o futuro da empresa ENCE e, con sinceridade, non somos quen de saber se as fai Vde. no nome da empresa ou se cre estar representando con elas ao conxunto do pobo galego. Dicirlle, en todo caso, que con... Seguir lendo →
A Federación Ecoloxista Galega ven de remitir un informe negativo sobre o inicio do proxecto de construción dun parque eólico na Serra do Eixe
· O proxecto, denominado Parque Eólico de Prada e que se atopa na fase de consultas, pretende instalar aeroxeradores no entorno dos Montes de Pena Trevinca e do Macizo Central Galego. · A Federación Ecoloxista Galega alerta dos graves impactos que a posible construción deste parque eólico provocaría nunha zona de tan alto valor ambiental... Seguir lendo →