Vipers in the city: Maio 2023 con Hábitat

Despois da gran acollida que tivemos o ano pasado coa iniciativa, este domingo, 7 de maio do 2023, os nosos compañeiros, David Dopereiro e Ismael Espasandín, volverán a amosarannos o seu traballo coa herpetofauna no concello de A Coruña, en concreto, coa víbora de seoane (Vipera seoanei). A actividade constará dunha charla e dunha saída na zona de Feáns para poñer en valor a biodiversidade ligada ás prácticas agrarias que se levan a cabo na periferia do municipio.

A actividade terá lugar o vindeiro domingo, 7 de maio, de 9:30 a 14h (aproximadamente). A xornada é de balde e aberta ao público, así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

As actividades e os participantes nas mesmas respectarán as medidas que fosen establecidas pola autoridade competente, no marco da situación de emerxencia sanitaria derivada da COVID-19.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s