21 de xuño: Voltan as Brigadas!
Finalizado o estado de alarma, está na hora de que as Brigadas voltemos ao monte. Convócannos para acudir á Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame) este DOMINGO 21 DE XUÑO, Solsticio de Verán, para unha deseucaliptización en toda regra, na que tumbaremos e retiraremos os pés de eucalipto que están a invadir unha zona de carballeira e bosque…