Pasado, presente e futuro do naturalismo galego

O vindeiro xoves 9 de marzo celebramos o noso primeiro día do naturalismo galego, e que mellor xeito de facelo que conversando entre naturalistas nun “Falando de natureza”. Rodeados de compañeir@s de paixón, debateremos sobre o pasado, presente e futuro do naturalismo en Galicia. Naturalistas de todas as idades contarannos as súas vivencias, anécdotas, inquedanzas e perspectivas de futuro.

Será un día de conmemoración e agradecemento aos que nos antecederon e pelexaron moi duro para que hoxe podamos seguir desfrutando da nosa afección, e que nos marcaron o camiño a seguir para que as novas xeracións poidan seguir desfrutando, estudando e conservando o noso patrimonio natural.

O relatorio, de balde e aberto ao público, terá lugar o vindeiro xoves 9 de marzo, ás 20:30hno local social do G.N.Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña –ver localización no mapa-. Para a asistencia e participación neste formato presencial é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Agradécese a asistencia do público de xeito presencial, xa que teremos a oportunidade de conversar con vos e coñecer as vosas impresións ao que alí se comente. Así e todo, se non te podes achegar ou se quedasen as prazas cubertas, tamén poderás conectar a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito. Rematado o faladoiro daremos paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.

  • Podes serguir o directo na nosa canle de Youtube:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s