O 18 de febreiro, Verdegaia plantará árbores autóctonas en Cedeira

En xaneiro de 2021 as Brigadas deseucaliptizadoras iniciaron o seu traballo nunha das comarcas galegas máis castigadas polo eucalipto, eliminando eucalipto nunha parcela de 1 hectárea no lugar do Formigueiro (entre Cedeira e santo André de Teixido).

Na xornada do día 18 de febreiro acudiremos de novo a Mark Singleton, veterano brigadista, na recuperación do bosque autóctono na zona, plantando medio millar de árbores autóctonas: carballos, cerdeiras, castiñeiros, bidueiros, nogueiras e avelaneiras para as que o proxecto Life Terra acaba de apoiar para a adquisición das plantas. Xa sabedes, deseucaliptiza de morto quen non deseucaliptizou de vivo!

Para vos apuntar, é preciso, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico quarkping@hotmail.com ata COMO MOI TARDE o día 14 de FEBREIRO. Lembrade que as prazas son limitadas. É imprescindible que cada quen traía as súas propias luvas e agradécese se tendes na casa sacho, picocha ou similar que a traiades. O machado tamén será de utilidade, polo que aínda que a organización pode prestar varios agradécese a quen dispoña dun propio que o traía.

punto de encontro será diante da casa de Mark ás 10h: https://goo.gl/maps/zhfSCEwpKH74w9up6

O traballo desenvolverase pola mañá ata as 14:00 h.

Á mañá de traballo seguirá un xantar comunitario. Atención vexetas e non vexetas! Será ocasión de experimentar as deliciosas receitas hindús de Mark.

Posteriormente poderemos gozar dun paseo ata os cantís da Capelada.

A TUA DOAZÓN CONTA!

Serán moi benvidas as doazóns voluntarias e fiscalmente deducíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.

MOEDA SOCIAL “A SABIA” PARA AS BRIGADISTAS PARTICIPANTES

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s