A FEG ven de enviar unha carta a Valedora do Pobo co obxecto de facer visíbel as irregularidades no Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable

No escrito, os colectivos que forman parte da Federación[1] argumentamos as nosas queixas do funcionamento do Consello da Xunta, que está a desatender ou mesmo pór trabas aos procesos de participación pública que en materia de medio ambiente son preceptivos e están recollidos en multitude de normativas europeas, estatais e autonómicas.

Xa no ano 2021 as vogalías de carácter ambiental solicitamos debater no pleno do COGAMADS a problemática dos proxectos eólicos que se están a presentar en cantidades inxentes para Galiza, facendo fincapé nos seus impactos ambientais. A cuestión non apareceu na orde do día ata o ano 2022, xuntanza na que a Conselleira eludiu tramitar a solicitude e abandonou precipitadamente o pleno sen tratar o punto. Foi na segunda xuntanza do Órgano no 2022 que a pesar da insistencia pola nosa parte para tratar o tema, pasou a nin recollerse na OD, incluso logo de ser adiada en 3 ocasións a xuntanza, todas por incompatibilidade na axenda da Conselleira.

Ante estes feitos e formas, as vogalías da FEG, ADEGA e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), tomamos a decisión, comunicada Presidencia do COGAMADS e publicada en diversos medios de comunicación, de non participar das reunións mentres non se debatan e voten no pleno cuestións ambientais solicitadas sobre a problemática eólica.

A nosa decisión de ausentarnos das reunións deste organismo non responden a unha falta de interese na nosa participación cidadá, senón o contrario, entendemos que é unha torsión do seu regulamento, censurando o debate e impedindo o dereito ao voto dos seus membros. Este tipo de prácticas rebaixan o potencial democrático de organismos consultivos, converténdoos en meros trámites sen transparencia nin participación real.

Tendo en conta que as irregularidades non son illadas, senón que forman parte dun conxunto de accións (ou inaccións) que deberían ser revisado na súa totalidade, dende a FEG elevamos a nosa queixa ante a Valedora do Pobo polo funcionamento concreto do COGAMADS e a actitude ao respecto da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en persoa da súa primeira representante, a Conselleira Dona Ángeles Vázquez Mejuto.


[1] Os colectivos ecoloxistas e naturalistas que forman parte da Federación Ecoloxista Galega representan localizacións de todo o país: ADEGA, ADENCO, APDR, ACT Brexa, AC Papaventos, Asemblea do Suído, CES, GN Hábitat, MEL, Montescola, Néboa Medio Ambiente, Senda Nova, Vai polo río, Verdegaia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s