A Federación Ecoloxista Galega ven de informar negativamente un proxecto de ordenación dun monte situado integramente en Rede Natura 2000

A Xunta omite avaliación ambiental ordinaria de proxectos en Rede Natura 2000. O CASO DO PROXECTO DE ORDEACIÓN FORESTAL DO MONTE VECIÑAL EN MAN COMÚN CASTRELO E ESPIÑA, NA PARROQUIA DE CUBILLEDO (OURENSE)

A Federación Ecoloxista Galega ven de informar negativamente un proxecto de ordenación dun monte situado integramente en Rede Natura 2000, concretamente na Zona de Especial Protección dos Valores Naturais da Marronda. A pesar de que o propio proxecto recoñece que debería someterse a unha avaliación ambiental ordinaria, a Xunta optou por sometelo ilegalmente a unha tramitación simplificada, omitindo a documentación preceptivas e pasos obrigados.  A consecuencia é que un proxecto que afecta a case 300 hectáreas no corazón dun espazo protexido ignore a compatabilización do mesmo cos obxectivos de conservación.

O proxecto incumpre o disposto na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental dos proxectos que afecten a espazos da Rede Natura 2000, en particular o seu artigo 35 que obriga a que se inclúa un apartado específico para a avaliación do impacto do proxecto nos espazos da Rede Natura 2000, tendo en conta os obxectivos de conservación de cada lugar, incluíndo os citados impactos, as medidas preventivas, correctoras e compensatorias correspondentes para a Rede Natura 2000 e o seu seguimento. Desde a FEG, destácase a incompatibilidade dos monocultivos forestais de piñeiro cos obxectivos de conservación da Marronda.

En termos prácticos, a ausencia de avaliación ordinaria tamén fai que o proxecto omita a existencia de diversos elementos arqueolóxicos sobre os que se procedería a realizar monocultivos industriais de piñeiro. Entre as numerosas omisións, destácase o cromletch da Espiña, monumento singular aínda sen clasificar, máis perfectamente visible sobre o terreo e na ortografía histórica. O informe da FEG apunta precisamente para a necesidade dun informe de impacto sobre o patrimonio cultural realizado en base a unha prospección arqueolóxica sobre o terreo.

A Marronda foi declarada Zona de Especial Protección dos Valores Naturais en 2016, entre outros motivos por ser a reserva mais occidental de faias (Fagus sylvatica), representando o límite suroccidental da especie na Europa, destacando tamén as poboacións de Narcissus cyclamineus, planta endémica da Península Ibérica. Dentro das 1.200 hectáreas da Marronda, o Monte de Castrelo e da Espiña é chave pois é o corredor ecolóxico que conecta a Marronda coa cordilleira cantábrica, sendo lugar de paso para os osos que se teñen avistado nos últimos anos. A conversión deste espazo chave nun monocultivo forestal porá en causa a conectividade ecolóxica da Marronda e, por extensión, da Terra Chá, coas montañas e vales ao oriente.

Diante desta situación, a Federación Ecoloxista Galega, solicita que se paralice a tramitación deste proxecto hasta que non sexan avaliadas de xeito específico as afeccións á Rede Natura 2000, e que a planificación forestal deseñada sexa coherente cos obxectivos de conservación da Zona de Especial Conservación ES1120004 A Marronda y da Zona de Especial Protección dos Valores Naturais 110011 A Marronda.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s