Pechou a central de carbón de Meirama!

A central de carbón de Meirama, propiedade de Naturgy (antes Gas Natural Fenosa) deixou de operar onte, 30 de xuño. A plataforma “Galiza, un futuro sen carbón”, da que fai parte Verdegaia, celébrao como un importante logro na loita contra a emerxencia climática global. Xunto coa central de Meirama, situada no concello coruñés de Cerceda,…

APDR oponse ao almacenamento de cinzas de carbón no porto de Marín

A “Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra” vén de presentar alegacións no trámite de avaliación de impacto ambiental do proxecto para o almacenamento de “cinzas voantes de carbón” no porto de Marín, un proxecto promovido por Cementos Cosmos S.A. Para a APDR, a instalación proposta non ten cabida no porto de Marín por non…

Valoración da APDR do acordo entre BNG e PSOE no tema de ENCE

Diante do acordo establecido o pasado 3 de xaneiro entre o BNG e o PSOE no marco do proceso de investidura do Presidente Sánchez, a Xunta Directiva da Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) quere facer pública a súa valoración verbo do recollido no amentado acordo respecto ás medidas contempladas para afrontar o saneamento…

Carta aberta a Agustín Nogueira

Sr. Nogueira, veño de ler o seu escrito “ENCE… y sr Masa” publicado o pasado día 15 nalgún medio de comunicación e debo recoñecer que -deixando de lado o seu dubidoso estilo e calidade literaria- tenme sorprendido; sorpréndeme a profundidade e sutileza do título, pero sorpréndenme máis algunha das afirmacións que verte no seu texto.Sorpréndeme,…

A Xunta e o concello das Pontes teiman en que ENDESA siga a contaminar

Galiza soporta unha contaminación moi por riba do que lle cadraría por superficie xeográfica, poboación, grao de industrialización…. Mentres, outras partes do Estado son privilexiadas porque sen ter que aturar a contaminación no seu territorio, consomen a electricidade. As térmicas de carbón en Galiza emitían en 2018 máis de 10 millóns de toneladas de GEIs…

Aumenta a contaminación das grandes industrias galegas segundo o Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes (PRTR)

Un artigo de Ramón Varela Díaz, doutor en Bioloxía, experto en contaminación atmosférica e ex-presidente de ADEGA Este pasado día 15 de novembro publicáronse os datos do Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes (PRTR-España) das emisións correspondentes ao ano 2015 de substancias contaminantes por parte das principais industrias e outras fontes puntuais e difusas….

A metade da poboación galega respira aire contaminado segundo a OMS

A OMS ven de facer público un Mapa Mundial onde se resaltan as zonas dos países onde se exceden os limites fixados en materia de calidade do aire e ademais achega estimacións nacionais sobre exposición a contaminación do aire e as súas repercusións para a saúde. Para a realización deste Mapa Mundial, a OMS elaborou…

Resposta da APDR ao Presidente do Cómité de Empresa de ENCE

Co gallo da celebración do 1º de Maio, Pedro Soto, presidente do comité de empresa de ENCE-Pontevedra aproveita para reivindicar a permanencia da fábrica de pasta de papel no seu actual emprazamento máis alá do 2018; e non ten reparos en botar man da mentira para tratar de xustificar o inxustificábel. Empeza por afirmar o…

ENCE: Promesas desde o leito de morte

Logo de 50 anos de destrución e desarranxo ambiental, ENCE ofrécenos o paraíso a cambio da permanencia en Lourizán mais alá do 2018; pero xa é demasiado tarde e –por reiteradas- xa ninguén na comarca cre as mentiras dos directivos da fábrica de pasta de papel. Quen vai crer nestas promesas cando levan facendo todo…

Resposta da APDR ao presidente Núñez Feijoo

Temos que recoñecer que nos teñen chamado a atención as declaracións feitas onte polo Presidente da Xunta a propósito do tema ENCE; pero non porque teña apostado abertamente pola súa permanencia na Ría de Pontevedra, pois esta e non outra foi sempre a posición mantida polo Partido Popular por máis que a teñan defendido ás…