APDR oponse ao almacenamento de cinzas de carbón no porto de Marín

A “Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra” vén de presentar alegacións no trámite de avaliación de impacto ambiental do proxecto para o almacenamento de “cinzas voantes de carbón” no porto de Marín, un proxecto promovido por Cementos Cosmos S.A.

Para a APDR, a instalación proposta non ten cabida no porto de Marín por non se axustar ao disposto na Lei de Portos do Estado para as actividades permitidas no dominio público portuario; con efecto, trátase dunha instalación de almacenamento que nin está relacionada co tráfico portuario existente no porto, nin vai xerar un volume de tráfico que xustifique a súa presenza, nin vai prestar ningún servizo aos usuarios do porto.

Pero, ademais, o proxecto presenta numerosas carencias que de non se solventar poden provocar impactos ambientais, o que reforza a nosa oposición contraria á autorización desta instalación.

Non se especifica o tamaño de partícula das cinzas a almacenar, polo que non é posíbel saber se os filtros utilizados no proceso de introdución de aire nos condutos de carga dos silos reúnen as condicións precisas para evitar a contaminación atmosférica que potencialmente se poderá provocar ao devolver este aire á atmosfera e noutras fases do proceso (carga de barcos,…).

Tal e como se admite no proxecto presentado, as augas de choiva que se recollerán na instalación, poderán conter lixiviados de materiais vertidos nos procesos de carga e descarga, e serán vertidas por sumidoiros que conectan coa rede de pluviais do porto. Porén, non consta o volume previsto de lixiviados, polo que non se pode valorar se a solución adoptada é a idónea para evitar os vertidos nin se a capacidade da rede de saneamento á que se van derivar estes vertidos é suficiente para asumir este volume. E tampouco se pode saber se a EDAR de Os Praceres poderá afrontar a súa depuración xunto coas augas residuais urbanas.

E, aínda que se recoñece que poden producirse emisións de partículas nas saídas do ar ou “venteos” dos silos, non se especifica ningunha medida que poida evitaren a contaminación en ningún dos casos.

E non podemos esquecer que Cementos Cosmos vén de seren sancionada pola realización ilegal de vertidos ao medio ambiente.

Así pois, e en base a estas consideracións, solicitamos:

1.- Que se denegue a autorización para a instalación no porto de Marín da actividade solicitada por Cementos Cosmos S.A. por incumprimento da Lei de Portos do Estado.

2.- Que, de non se admitir esta proposta, se esixa á promotora a modificación dos documentos presentados no sentido que a APDR expresa no resto das alegacións e nas conclusións finais do noso escrito, procedéndose a iniciar de novo a tramitación da solicitude.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s