CONCLUSIÓNS DO ENCONTRO “COIDAR DO TERRITORIO E AS COMUNIDADES ANTE OS LUMES” CELEBRADO EN CASAIO EN NOVEMBRO

Os días 29 e 30 de Novembro, a Federación Ecoloxista Galega organizou en Casaio, no albergue Eco dos Teixos, un encontro no que participaron membros de comunidades de montes, bombeiros e gardas forestais, membros de asociacións veciñais, ecoloxistas e cidadanía das zonas afectadas. Os dous grandes temas de debate foron as boas prácticas en prevención de lumes e as dificultades para desenvolvelas, así como analizar o que debería facerse para que unha vez que se produce un lume as aldeas estean o mellor preparadas posíbel.

Manifesto LUMES NUNCA MÁIS!

A política forestal do PP queima os nosos montes, queima as nosas casas.POR UN MONTE GALEGO CON FUTURO! Perante a vaga de incendios que que se espalla por toda a Galiza, de norte a sur, e de leste a oeste, estamos hoxe aquí para denunciar máis unha vez outra traxedia ambiental, social e cultural e…

2025, Outro verán que deixa un desastre ambiental

Neste mes de agosto de 2025 todo o sur de Europa está a sufrir unha intensa vaga de lumes. Dende a Federación Ecoloxista Galega queremos pór o foco nalgunhas cuestións relevantes e dar a seguir algúns puntos básicos en relación ao que habería que facer e o que non en materia de coidado do territorio e prevención de lumes

O ecoloxismo galego reclama a incorporación da infraestrutura verde de Galicia na obrigada ampliación da Rede Natura 2000

Outro ano máis, aproveitando a celebración do Día Europeo da Rede Natura 2000 e do Día Internacional da Diversidade Biolóxica, reivindicamos a protección efectiva da biodiversidade a través dos espazos naturais protexidos. E, entre eles, subliñamos a importancia das Zonas Especiais de Conservación e das Zonas de Especial Protección para as Aves, áreas imprescindibles para…

A FEG solicita a exclusión de plantacións de eucalipto da lista de proxectos de absorción do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico

A Federación Ecoloxista Galega ven de solicitar al Ministerio para la Transición Ecolóxica e para o Reto Demográfico a baixa inmediata dos falsos proxectos de absorción e a non admisión no futuro como proxectos de absorción a plantación ou a reposición por rebrote para o cultivo de árbores do xénero Eucalyptus con destino á fabricación de celulosa

A FEG presenta alegacións á autorización ambiental de Greenfiber

A Federación Ecoloxista Galega presentou alegacións ao anuncio do 20 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral de Industria, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada (AAI), o estudo de impacto ambiental (EIA), a declaración de utilidade pública e o proxecto para a implantación dunha industria de fibra téxtil…