As Brigadas Deseucaliptizadoras estrean o ano no Monte Veciñal en Man Común de Amoedo (Pazos de Borbén)

Arredor de 40 brigadistas participarán na intervención, que terá lugar o sábado, 12 de xaneiro. O punto de encontro é a Casa Cultural de Amoedo, ás 9:30 da mañá. As zonas a deseucaliptizar están enmarcadas nunhas 30 hectáreas, aínda que as actuacións centraranse no entorno da Senda Arqueolóxica de Amoedo, que comezou a súa andaina no 2011…

Cobre San Rafael propón facer un parque temático da contaminación mineira

Na documentación achegada pola empresa en resposta ás graves deficiencias postas de manifesto polos colectivos sociais e os informes da Xunta, seguimos atopando datos sorprendentes. Desta volta trátase dunha rocambolesca proposta que, da man do prof. Felipe Macías pretende, facendo da necesidade virtude, crear o “primeiro parque de estudo de organismos estremófilos”. Semella unha brincadeira…

As Brigadas Deseucaliptizadoras rematan o 2018 cunha valoración moi positiva polo traballo desenvolvido

O pasado 8 de decembro, tivo lugar en Froxán (Lousame) a última xornada de traballo por este ano das Brigadas Deseucaliptizadoras organizadas por Verdegaia. 30 persoas estiveron traballando para eliminar manualmente eucaliptos e outras especies arbóreas alóctonas do Campo de Lamas, pertencente á comunidade de montes en man común de Froxán (Lousame). Foi nesta Área…

ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian na Fiscalía a destrución do Castro de Trinidade

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio presentaron o pasado 17 de setembro varias denuncias ante a Fiscalía por diferentes disposicións do Departamento de Patrimonio Cultural, da Consellaría de Cultura, da Xunta de Galicia que poderían ser constitutivas de delito. Unha destas denuncias fai referencia á destrución do Castro de Trinidade-Flores, situado entre os concellos de…

Máis de 70 colectivos esiximos conxuntamente a retirada do novo Plano Forestal

Por eucaliptizador, pirófilo, lesivo para a biodiversidade, privatizador… Máis de 70 colectivos ecoloxistas, comunidades de montes, sindicatos, organizacións sectoriais e empresariais vimos de alegar conxuntamente ao texto da primeira revisión do novo Plano Forestal do PP-ENCE. Dende o ponto de vista ambiental, o texto presentado pola Xunte e a exposición pública até o vindeiro venres…

Tres fraudulentos parques eólicos ameazan flora endémica en perigo de extinción

Greenalia Power (antes Kakekias Eólica) presentou 3 proxectos de parques eólicos (Campelo, Bustelo e Monte Toural) de 42, 46,2 e 21 MW respeitivamente, nunha mesma área xeográfica arredor do Monte Castelo e a lagoa de Alcaián, nos concellos de Coristanco, Santa Comba, Carballo e Tordoia. Endemismos galegos únicos no mundo, en perigo As instalacións destes…

O Colectivo Ecoloxista do Salnés solicita mellores medidas de protección para as illas de Cortegada e Sálvora

Esta semana o Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) presentou suxestións ao Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas para solicitar unha maior protección da fauna, da flora e dos fondos mariños, sobre todo das illas arousáns de Sálvora e Cortegada O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia…