O Proxecto Ríos, iniciativa de ADEGA, lanza un ano máis o seu curso de formación para persoas interesadas no coñecemento e coidado dos nosos ríos. Terá lugar no IES de Brión o vindeiro sábado, 22 de abril, dende as 10:00 ata as 14:30 horas. Desta volta, na súa xa 36 edición destas xornadas, o Proxecto…
Categoría: Medio fluvial
Vailoporío organiza unha limpeza na Ponte do Couto (río Tomeza-Gafos)
XORNADA DE LIMPEZA DOS ELEMENTOS VEXETAIS DA PONTE DO COUTO DO RÍO TOMEZA/GAFOS. Sábado 15 de abril ás 10h na propia ponte. AVISO:CONFIRMAR ASISTENCIA no tf. 676 842 942 ANTES DO SÁBADO PARA PROGRAMAR O TRABALLO
15-A: Plantación de árbores de ribeira no río Tins (Serra de Outes) con verdegaia e Montescola
As Brigadas acuden á chamada de colaboración de Montescola para participar na primeira Xornada de voluntariado ambiental do proxecto ReNatur_Outes para a renaturalización fluvial do río Tins ao seu paso polo Concello de Outes. O sábado 15 de abril comezan as intervencións de voluntariado ambiental co obxectivo de plantar nese día medio cento de ameneiros (Alnus glutinosa) nas marxes do río, acción coa…
ADEGA reclama para usos ambientais os caudais que ALTRI e XEAL pediron bombear do Ulla e Xallas
ADEGA vén de participar no trámite de concorrencia de proxectos para a concesión de caudais con destino a usos industriais e hidroeléctricos que ALTRI e XEAL solicitaron no Ulla e Xallas respeitivamente. Trátase dun procedemento de concorrencia de proxectos regrado no Regulamento do Dominio Público Hidráulico (RDPH) que se abre cando unha ou máis empresas…
Centrais de bombeo en Brión: até 150 anos co río Tambre secuestrado
ADEGA vén de achegar a Augas de Galiza as súas consideracións aos proxectos de central reversíbel en caverna con balsa artificial de máis de 300 MW, para bombear e turbinar auga do encoro Barrié de la Maza. Autorizar esta concesión suporía fosilizar o encoro do Tambre xestionado por Naturgy e alongar o curtocircuito do río…
ALCOA pide á Xunta poder contaminar máis pola guerra na Ucraína
A multinacional americana quere voltar a usar fuel para a produción de alúmina ante o elevado prezo do gas e pide á Xunta superar os límites de emisións de contaminantes, particularmente óxidos de xofre e nitróxeno, fixados na última Autorización Ambiental Integrada (AAI). Logo de que en 2015 a empresa substituira o fuel por gas…
ADEGA reclama a eliminación urxente do xacinto acuático nas praias e zonas húmidas
ADEGA alerta sobre unha incipiente expansión do xacinto acuático, unha planta exótica invasora que actualmente está a proliferar en numerosas praias das Rías Baixas, á vez que está a poñer en perigo as zonas húmidas galegas, como as lagoas das Cachadas, en Sanxenxo, ou o rego de Trabe en Culleredo. A asociación ecoloxista condena a introdución presuntamente deliberada de especies invasoras no medio natural…
A fábrica de ENCE e as augas do Lérez, unha nova burla
Baixo o réxime franquista, a fábrica de celulosa conseguía a concesión dun caudal máximo de 129.600 m3 diario de auga do Lérez para transformar as nosas árbores en pasta de papel; aportaba a cambio un novo perfume á comarca e coloracións nunca imaxinadas ás augas da Ría. Disque era o prezo a pagar polo progreso….
Vaipolorío organiza unha Xornada de retirada de árbores caidas sobre sendeiro e no leito – tramo río Tomeza/ Gafos
SÁBADO 5 DE NOVEMBRO AS 10 H OBXETIVO : Facer practicable o sendeiro na súa totalidade e recuperarlo s para @s usuari@s así como liberar os ollos das pontes e facilitar normal correr da auga IMPORTANTE @s voluntari@s que veñades comunicadeo antes do sábado no tfno 676 842 942 para organizar o traballo en función…
A APDR denuncia novos vertidos ao Lérez: o conto de nunca acabar
Alertados por un asociado da APDR, achegámonos hoxe sábado 29 cando eran as 12:00 da mañá, até a marxe esquerda do río Lérez, para observar á altura do mercado de abastos, unha escena que por desgraza vense repetindo con demasiada frecuencia e que temos denunciado en infinidade de ocasións nos medios de comunicación e no…
Máis de un milleiro de participantes na XI Limpeza Simultánea de Praias
Durante a pasada fin de semana (14 e 15 de Outubro), máis de 30 entidades e máis de 1000 persoas sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e denunciar a problemática ambiental do lixo mariño. Nesta undécima edición da Limpeza Simultánea de Praias retirouse, en total, case unha tonelada de lixo dos nosos areais. Aínda…
Primeiro o COVID e agora a gripe aviaria: a que agarda a Xunta para pechar as granxas de visón?
O recente gromo do virus da gripe aviaria H5N1 nunha granxa de visóns de Carral volta poñer o foco sobre os riscos destas instalacións para o medio ambiente e a saúde das persoas. Como temos denunciado en reiteradas ocasións, as granxas de visón son unha bomba biolóxica que non só poñen en risco a biodiversidade autóctona, senón…