Filtrando a luz, documental sobre o movimento ecoloxista galego

Xa está en difusión o documental Filtrando a Luz dirixido por Xacobe Meléndrez Fassbender sobre a historia do movemento ecoloxista galego vinculado á Asemblea de Grupos Ecoloxistas e Naturalistas de Galiza-Federación Ecoloxista galega. Fai un repaso pola historia do movemento nos últimos 50 anos. Cunha duración de 89 minutos recolle momentos da historia do movemento…

En memoria de Miguel Ángel Martínez Novoa (1962-2024)

Faleceu en Vigo, o pasado 3 de novembro, Miguel Ángel Martínez Novoa fundador do Movemento Ecoloxista da Limia (MEL), un dos fillos que a Terra elixiu para se defender mediante a paz e a palabra, e no caso de Miguel, a propia saúde

Documental Temos Raíces: memoria do movimento ecoloxista galego

A finais de xullo rematouse a fase de gravación de campo do proxecto Temos Raices, comeza agora a de edición que rematará coa estrea dun documental resume da Historia do ecoloxismo galego dende 1973 até hoxe. Será o 19 de Outubro, nunhas xornadas que a FEG está organizando (axendanda a data). O documental, inserido no…

A FEG xunto a máis de cen colectivos ecoloxistas e sociais rexeitamos o novo proxecto de mina de Touro polos seus impactos ambientais inasumíbeis

Máis dun cento de colectivos veciñais, ecoloxistas, do mar, sindicais e de defensa do patrimonio cultural e do Camiño de Santiago mostramos o rexeitamento á nova tentativa de Atalaya Mining de forzar a aprobación da abertura da mina de Touro, censurando ademais que a Xunta ocultara, con fins electorais, a súa tramitación como proxecto industrial…

Os representantes do movemento ecoloxista non asistirán á reunión do COGAMADS

Os representantes da FEG, ADEGA, a e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), non asistirán á reunión do COGAMADS convocada para o venres 31, tras dous anos sen ter sido atendida a súa lexítima solicitude de que se debata no Consello acerca dos efectos ambientais dos numerosos proxectos eólicos en tramitación

Manifestación pola defensa do territorio Altri Non

Dende a Ulloa ata a Ría. Terra, auga e aire son vida! Palas de Rei, 26 de maio, ás 12h. A Federación Ecoloxista Galega apoia a mobilización que desde a Plataforma Ulloa Viva organizan en Palas de Rei para demandar unha Ulloa libre de celulosas. A FEG presentou alegacións ao proxecto para a implantación dunha…

A FEG presenta alegacións á autorización ambiental de Greenfiber

A Federación Ecoloxista Galega presentou alegacións ao anuncio do 20 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral de Industria, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada (AAI), o estudo de impacto ambiental (EIA), a declaración de utilidade pública e o proxecto para a implantación dunha industria de fibra téxtil…

A FEG amosa a súa alarma pola suspensión do Consello Forestal Galego

Sen xustificación real, a Consellería do Medio Rural vén de aprazar sen data a celebración da reunión do Consello Forestal Galego prevista para o venres 26 de abril no que se ía presentar o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (PLADIGA) para o 2024. A día de hoxe aínda non…