Comités Galego e Provinciais de Caza

Os comités galego e provincias de caza teñen, de acordo coa lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, “carácter informativo e encárganse de analizar e facer propostas de cantas materias sexan de interese para a caza, no seu respectivo ámbito territorial, e, de modo particular, debaterán sobre as propostas de resolucións anuais de períodos hábiles e calquera outra cuestión de interese cinexético”. Nel están representadas, sobre todo as entidades de cazadores e a administración pero tamén as entidades ecoloxistas que intentan facer de contrapeso defendendo posicións e trasladando propostas conservacionistas.