Filtrando a Luz é un documental sobre o movimento ecoloxista galego que forma parte de un proxecto máis amplo de recuperación da Memoria do Movemento Ecoloxista Galego na voz dos e das protagonistas, e que leva asociado un documental de 90 minutos xunto a entrevistas mási breves sobre diferentes temáticas e coa participación de diferentes voces.
O trailer do documental pode visualizarse en: https://vimeo.com/1119732609
Máis abaixo podes visualizar os documentais completos.
O documental pode ser presentado publicamente e está a disposición de entidades que queiran contribuir á súa difusión e debate. Desde a Federación Ecoloxista Galega ofrecemos a posibilidade de contar con algunha das persoas protagosnistas ou autoras do documental para participar nas presentacións. Podes contactarnos en feg.temosraices@gmail.com

Audiovisual Filtrando a Luz: documental sobre o movimento ecoloxista galego a través da voz dos e das protagonistas, que forma parte de un proxecto máis amplo de recuperación da Memoria do Movemento Ecoloxista Galego, denominado Temos Raíces. Audiovisual de 90 minutos, dirixido por Xacobe Meléndrez Fassbender.
Entrevista a máis de 40 persoas
Música que acompaña o documental, cedido por cortesía dos e das autoras, A Banda da Loba coas pezas Cobiza e O Peso do peito do disco Xabón Lagarta ; Ulex coa peza Nunca Máis ; Os Residuos Atractivas coa peza A Farmacia do disco Antes Molabamos e Marghasand do disco Unha noite xa é bastante.
Rizomas: é unha serie de 7 pezas audiovisuais breves (25/30 minutos), dirixidas por Xacobe Meléndrez Fassbender, que aproveitan o documental Filtrando a Luz, á que se suman novas gravación, e extrae o seu contido por áreas temáticas achagando diferentes aspectos das campañas ambientais na voz dos e das protagonistas.
Entrevistas relacionadas coas campañas contra a minería, éxitos conseguidos e conflitos activos. Coa participación de Joám Evans da Fundación Montescola (mina de San Finx), Lola Rontano (Corcoesto), Isabel García (Mina Touro – O Pino Non)
Música que acompaña o documental, cedido por cortesía dos e das autoras, A Banda da Loba coas pezas Cobiza e O Peso do peito do disco Xabón Lagarta ; Os John Deeres coa peza Bótalle Terra no disco Cinzas
Presenza e importancia do papel das mulleres no movimento ecoloxista coa participación de: Adela Figueroa, María Bañón (Eme), Bea Noia, Idoia Cuesta, Lola Outeiral, Lucía Fernández, Sonsoles Izquierdo, Belén Rodríguez, Nela Abella, Isabel García, Lola Rontano, Mónica Arto, Marta Gontá, Nati Vázquez, Mada Meléndrez, María García, Begoña de Bernardo.
Música que acompaña o documental, cedido por cortesía dos e das autoras, A Banda da Loba coas pezas Cobiza e O Peso do peito do disco Xabón Lagarta ; Xoán Cueriel coa peza Nascer do disco Nai
Trata o papel das organización do suroeste no movimento ecoloxista
Contamos coa presenza de Agustín Ferreira (Anabam), Pipo Sierra (Erva), Pepe Bernárdez (Luita Verde) e Pedro Alonso (Erva)
Música que acompaña o documental, cedido por cortesía dos e das autoras, A Banda da Loba coas pezas Cobiza e O Peso do peito do disco Xabón Lagarta ; Zeltia Irevire coa peza Lar de cinzas do disco Vacaloura
A importancia dos ríos, custodia e intervencións na defensa deste ecosistema.
Coa presenza de Gonzalo Sancho (Vai polo río), Paco Bañobre (Adega- Proxecto Ríos), José Manuel Menéndez (Senda Nova).
Música que acompaña o documental, cedido por cortesía dos e das autoras, A Banda da Loba coas pezas Cobiza e O Peso do peito do disco Xabón Lagarta ; Tempo Catro coa peza Eu cantar, cantar cantei do disco Os ollos que falan
Custodia do territorio, unha forma de protección ambiental desde a sociedade civil e a participación das entidades ecoloxistas.
Coa presenza de Xosé Rodríguez (Brexa), Adela Figueroa (Adega-A Eira da Xoana), Pablo Rodríguez “Oitabén” (Ridimoas)
Música que acompaña o documental, cedido por cortesía dos e das autoras, A Banda da Loba coas pezas Cobiza e O Peso do peito do disco Xabón Lagarta ; Abe Rábade coa peza Variacións a piano só (preparada en exclusiva para este documental e que formará arte do seu próximo traballo discográfico
Defaunación é o termo que indica a extinción masiva de especies na que nos encontramos.
Coa participación de Pablo Rodríguez “Oitabén” (Ridimoas), Lucía Fernández (Coto do Frade), Serafín González (SGHN), Xosé Manuel Penas Patiño (SGHN), Alfredo López “Tokio” (Cemma), Pepe Bernárdez (Luita Verde), Manuel Freire (Biotopo), Manolo Domínguez (CES, o Salnés)
Música que acompaña o documental, cedido por cortesía dos e das autoras, A Banda da Loba coas pezas Cobiza e O Peso do peito do disco Xabón Lagarta ; Tonhito de Poi coa peza Salvaxe do disco In-dios
A Educación Ambiental foi e é un dos piares fundamentais do traballo das entidades ecoloxistas.
Coa participación de Pablo Meira Cartea (Sociedade Galega de Educación Ambiental, SGEA), Nati Vázquez Liste (CEM cooperativa e colectivo Cempés), Anxo Moure Mosquera (Xevale, Papaventos)
Música que acompaña o documental, cedido por cortesía dos e das autoras, A Banda da Loba coas pezas Cobiza e O Peso do peito do disco Xabón Lagarta ; Peirao coa peza Paraíso perpetuo do disco A Torre da derrota
