XV Limpeza simultánea de ríos con BREXA (Asociación de Custodia do Territorio)

Outro ano máis participamos na xornada de limpeza simultánea de ríos o domingo, 25 de setembro.

Este ano traballaremos nunha zona do río Barcés ao seu paso polas parroquias de Paleo e Sarandóns.

O obxectivo é gozar dunha xornada na natureza, coñecer a zona e retirar a máxima cantidade de lixo.

Os participantes deberán traer roupa, luvas e calzado apropiados. Pódese consultar o protocolo de limpeza nesta ligazón.
Poden participar menores coa autorización (os menores de 16 anos acompañados).

  • Para participar contactar en:
    • email: brexa.asociacion@alexandre
    • teléfono: 698146685
    • facebook.com/brexa.custodiadoterritorio

Deixar un comentario