Albergue Alvarella en Vilarmaior, 19-20 de outubro de 2024
A Federación Ecoloxista Galega está embarcada nun proxecto de recuperación da memoria do movimento ecoloxista que quere conservar o pasado, para actuar no presente e ofrecer propostas de futuro.
Esta actividade está englobada dentro proxecto Temos Raíces que en 2023 presentou un proxecto á Deputación da Coruña para comezar coa recuperación da memoria. Ao mesmo tempo neste proxecto estaba a presentación do primeiro fruto desa recuperación da memoria cun proxecto audiovisual ,a cargo de Xacobe Meléndrez, que se presentará no espazo destas xornadas.
A Xornada vai alén do proxecto de recuperación da memoria e quere falar da actualidade e do futuro do movimento para o que ao longo da mañá se organizará dúas palestras unha sobre o Forestal e a Rede Natura 2000 e outra sobre o Impactos dos proxectos industriais nos espazos naturais.
Pola tarde, na presentación da primeira peza audiovisual de recuperación da memoria, teremos espazo para encontrarnos con moitas das persoas participantes do documental, que participarán dunha dinámica sobre o futuro do movimento.
Continuaremos a xornada coa parte festiva, que non podes perder, coa peza teatral “Dramón en Vilarmaior” a cargo da Pequena compañía de nenos enormes, e remataremos con música grazas á actuación musical de Blues do País.
O domingo 20 gozaremos dun roteiro polas Fragas do Eume grazas á colaboración da Asociación Betula de Custodia do Territorio que nos fará un percurso polo entorno patrimonial natural e cultural do Parque Natural.
Aproveita o fin de semana completo e queda a durmir connosco no Albergue, o mellor momento para tecer raíces ecoloxistas (reserva praza no formulario de inscrición).
Inscríbete e participa nas xornadas!
Programa:
Sábado 19
Mañá:
10.00h. Presentación das Xornadas
10.30h. Mesa: Forestal e Rede Natura 2000
Participantes:
- Benito Andrade González, Biólogo, Doutor en Procesos Xeolóxicos, especialista en forestal
- Cosme Damián Romay, Biólogo, especialista en ornitoloxía
- Xosé Rodríguez, Químico, traballando en custodia do territorio
- Belén Rodríguez, Xornalista, especializada en temática ambiental
12.00h. Mesa: Impactos dos proxectos industriais nos espazos naturais
Participantes:
- Alba Nogueira, Catedrática de Dereito Administrativo na USC
- Vanesa Castro, Presidenta da Plataforma Rural C e da Plataforma Monfero di Non
- Manel Leire, Departamento de Bioloxía Funcional, Área de Ecoloxía da USC
- Jose Manuel Menéndez, guía de montaña e impulsor da empresa de actividades na natureza Vía Inqueda
14h. Comida (necesaria inscrición previa)
Tarde:
16h. Pre-estrea do documentario Temos Raices: “Filtrando a Luz” dirixido por Xacobe Meléndrez, sobre a historia do movimento ecoloxista con enetrevistas a máis de 40 persoas e un repaso sobre problemas ambientais desde finais dos anos 70 até a actualidade. Un repaso á historia do movimento ecoloxista organizado na Asemblea de Grupos Ecoloxistas e Naturalistas de Galiza/Federación Ecoloxista Galega. Do xurelo e os residuos radiactivos na foxa atlántica a Altri. Recuperar o pasado ecoloxista para contruir un futuro mellor.
17h. Debate e dinamización sobre o documental: Futuro do mov. ecoloxista galego
19h. Teatro con A pequena compañía de nenos enormes coa obra Dramón en Vilarmaior
Espectáculo punki-pallaso desde o mundo rural, representando as vidas (fracasadas) de dúas ativistas do ecoloxismo e movimentos libertarios que ven como o mundo se transforma na distopía contra a que loitaron durante décadas. “Dramón” utiliza textos poéticos e escenas ásperas e absurdas para falar da destrución ambiental do mundo rural. Coa axuda de textos e ideas de García Lorca, El niño de Elche, Javier Krahe e Alberto Pérez, Wislawa Szymborska, Mary Oliver, Bertol Brech, Roque Dalton, Eduardo Galeano, María Arnal, Ernesto Cardenal e Robe Iniesta.
20h. Música con Blues do País
Blues do País son Bieitta James, a grande Diva Rural (Iseo Agilda) e Pepe King, o Bluesman-ciño que a acompaña (Brais das Hortas).
Xuntas versionan clásicos do Blues, Soul, Rhythm’n’Blues… e adáptannos á idiosincrasia e retranca galegas. E dá gusto! Si, señora! Blues en galego! Otis Redding no peirao da Coruña, ou Etta James mariscando en Cabo da Crus, B.B. King nun furancho en Redondela ou Eric Clapton lendo a Castelao…
Todo iso é posible con Blues do País.
Música de calidade, en galego, misturada con teatro, clown e improvisación. Enerxia e entrega total en cada directo e unha discografia coidada no breve percorrido deste duo galaico-mississi-peno.
21.30h. Cea (necesaria inscrición previa)
Domingo 20
Mañá:
10.00h. Roteiro polas Fragas do Eume coa Asoc. Betula de custodia do territorio (necesaria inscrición previa)
14h. Comida (cada quen que leve a súa para partillar)


One Comment Add yours