Filtrando a luz, documental sobre o movimento ecoloxista galego

Xa está en difusión o documental Filtrando a Luz dirixido por Xacobe Meléndrez Fassbender sobre a historia do movemento ecoloxista galego vinculado á Asemblea de Grupos Ecoloxistas e Naturalistas de Galiza-Federación Ecoloxista galega. Fai un repaso pola historia do movemento nos últimos 50 anos.

Cunha duración de 89 minutos recolle momentos da historia do movemento ecoloxista na voz dos seus protagonistas. Para a realización do documental realizáronse 17 entrevistas grupais a case 50 persoas que fan un repaso polo pasado, presente e futuro do movemento.

O proxecto foi apoiado pola Deputación da Coruña e forma parte dun proxecto máis amplo, Temos Raíces, que procura recoller a memoria do movemento ecoloxista a través dos protagonistas, dos documentos e do material gráfico creado polas organizacións ecoloxistas.

A pre-estrea do documental realizouse no Albergue Alvarella de Vilarmaior no Encontro Ecoloxista organizado pola FEG o pasado mes de outubro.

Agora poder ver o trailer do documental nas redes:  https://vimeo.com/1037524604

E asistir a algunha das proxeccións públicas programadas que se indican no seguinte cartaz. As proxeccións contarán coa presenza de algunhas das persoas protagonistas.

Se tes interese en proxectar o documental na túa localidade, asociación, colectivo… ponte en contacto connosco en feg.temosraices@gmail.com

Proxeccións previstas (en construción)

  • Carral, xoves 20 de marzo ás 20h., coa Asociciación Brexa Custodio do Territorio e o Concello
  • Carreira (Ribeira), xoves 10 de abril ás 20h., coa Asociación de Veciños
  • Santiago, sábado 26 de abril ás 12h. Estrea oficial na Sala Numax
  • Vigo, mércores 30 de abril, ás 19.30h., co Ateneo Atlántico
  • Coruña, venres 16 de maio, ás 20h., co Grupo Naturalista Hábitat
  • Pontevedra, xoves 22 de maio, 20h., coa Asociación para a Defensa da Ría de Pontevedra (APDR)
  • Ponteareas, xoves 5 de xuño, ás 20h., coa Asociación O Faiado
  • Ourense, xoves 5 de xuño ás 20.30h., co Cineclube Padre Feijóo

Deixar un comentario