Encontro ecoloxista 2025: Temos Raíces, 18-19 de outubro

Espazo da Natureza de Oza, Carballo, 18-19 de outubro de 2025, coa asociación Senda Nova

O Encontro Ecoloxista 2025 organizado pola Federación Ecoloxista Galega estará centrado, o sábado 18, na problemática do cambio climático, con especial incidencia nos incendios forestais que abarcarán a xornada de mañá. Ademais no encontro contaremos con espazo para coñecer o Espazo da Natureza de Oza xestionado polos anfitrións, colectivo Senda Nova, e debate entre asociacións e participantes. 

Pola tarde teremos tempo para coñecer algunha das novas “pílulas” audiovisuais de recuperación da memoria do movemento ecoloxista dentro do proxecto Temos Raíces, un obradoiro sobre aspectos legais para dotarnos de ferramentas para reclamacións e oposición ante proxectos lesivos para o ambiente. 

Remataremos cunha parte festiva coa actuación de música tradicional da Asociación cultural Escola do Alpendre de Carballo.

O domingo 19 participaremos nun dos roteiros organizados por Senda Nova dentro do seu programa Outono en marcha, no que realizaremos un roteiro sobre As pegadas do volfrámio con visita ao monte Neme.

Inscríbete e participa nas xornadas: https://forms.gle/pNqEscWqyFqRbo7Z6

Sábado 18

Mañá:

10.30h. Presentación das Xornadas

11h. Mesa: Cambio climático e incidencia dos incendios desde diferentes puntos de vista

– Coordina, presenta e modera: Francisco Brea San José, Coperativa de Educación Mediaoambeintal, CEM

13.00h. Presentación de Senda Nova e do Espazo da Natureza de Oza

13.30h. Debates entre asociacións e participantes

14h. Comida

Tarde:

16.00h. Proxeccións documentais:

  • Lousas contra o ceo, curta documental de Xacobe Meléndrez Fassbender, sobre a explotación louseira en Carballeda de Valdeorras
  • Temos Raices: Rizoma II centrado nos movementos de loita contra os proxectos mineiros. Protagonizado por Joám Evans, Lola Rontano e Isabel García, dirixido por Xacobe Meléndrez Fassbender, formando parte do proxecto documental Temos Raíces sobre a recuperación da memoria do movemento ecoloxista.

16.30h. Obradoiro legal: como enfrentarse a proxectos lesivos para o ambiente. Obradoiro teórico práctico sobre aspectos legais dos proxectos lesivos para o ambiente con:

– Coordina, presenta e modera: Roberto Rivas España, bombeiro e membro de Senda Nova

18.30h. Actuación de música tradicional coa asociación cultural Escola do Alpendre de Carballo

Domingo 19

Roteiro polo Monte Neme e As pegadas do volframio en Bergantiños

  • 9h. Saída: Espazo da Natureza de Oza
  • Dificultade: baixa
  • Duración aproximada: 6h.
  • Hora prevista de volta 15.30h.
  • Necesario levar comida e bebida
A FEG conta coa colaboración financeira da Deputación Provincial da Coruña, no marco do Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente durante o 2025 (DP0031/2025)

One Comment Add yours

  1. Serafo LV's avatar Serafo LV di:

    Ola. Xa non me poiden inscribir. ¿Xa pechástedes a inscripción?

Deixar un comentario